Skip to Content

Blogues

Felices Festas 2023

Celebramos o 25 N

No CEIP de Muimenta vimos de celebrar o 25 N. Con motivo desta conmemoración tan importante, fixemos un mural sobre o Benquerer.

                                

Revista escolar do curso 2022/2023,

Coma todos os anos, os maiores e os profes fixemos a revista do cole. Se queredes descargala ou botarlle un ollo, só tedes que ver o documento que se adxunta.

Voluntariado miúdo!

Este curso 22/23 o cole de Muimenta participou no programa Voluntariado Miúdo. A través del coidamos e traballamos polo medio que nos rodea.

Os maiores crearon unha presentación que podedes ver neste enlace para ensinarnos a tod@s en que consisten as famosísimas TRES ERRES.

Reducir, reutilizar e reciclar! Sempre! E para ser consecuentes, o que fixemos foi comezar polo noso patio. A Ecopatrulla chairega vixiou e limpou a nosa escola. Tod@s participamos patrullando polo ben de todos.

Por último, @s alumn@s de 3º ata 6º acudiron a unha xornada en Gandarío onde conviviron con nen@s doutros centros e compartiron o que fixeron e fixemos para mellorar o mundo.

PresentaciónEcopatrulla1

Documentos descargables

Neste Entroido somos.... Maruja Mallo!

Para celebrar o 8M, día da Muller, centrámonos en varias pintoras e ilustradoras. Unha delas foi Maruja Mallo: unha galega que conviviu coa gran xeración do 27, unha muller forte, con personalidade, que non se acovardou ante situacións adversas. 

Animádevos a escanear este código, primeiro e segundo cóntavos máis cousiñas sobre esta artista de Viveiro. 

Día de Rosalía!

Polo día de Rosalía queremos animarvos a ler poesía. 

Desde primeiro e segundo de primaria queremos recitarvos un fermoso poema de Rosalía de Castro: Vente rapaza.

 

Coplas de Entroido!

As coplas de Entroido sempre son un divertimento para estes tempos de festas, enchedolas e risas. 

Os nenos e nenas de primeiro e segundo fixemos un repaso polo Entroido do cole mentres recitamos coplas tradicionais.

 

Amizades secretas, Agustín Fernández Paz.

Os nenos e nenas de 1º e 2º recomendámosvos Amizades secretas de Agustín Fernández Paz.

"Amizades secretas" de Agustín Fernández Paz

Recomendación literaria de 5º e 6º

Distribuir contido


by Dr. Radut