Skip to Content

blogue demarialuaces

Neste Entroido somos.... Maruja Mallo!

Para celebrar o 8M, día da Muller, centrámonos en varias pintoras e ilustradoras. Unha delas foi Maruja Mallo: unha galega que conviviu coa gran xeración do 27, unha muller forte, con personalidade, que non se acovardou ante situacións adversas. 

Animádevos a escanear este código, primeiro e segundo cóntavos máis cousiñas sobre esta artista de Viveiro. 

Día de Rosalía!

Polo día de Rosalía queremos animarvos a ler poesía. 

Desde primeiro e segundo de primaria queremos recitarvos un fermoso poema de Rosalía de Castro: Vente rapaza.

 

Coplas de Entroido!

As coplas de Entroido sempre son un divertimento para estes tempos de festas, enchedolas e risas. 

Os nenos e nenas de primeiro e segundo fixemos un repaso polo Entroido do cole mentres recitamos coplas tradicionais.

 

Amizades secretas, Agustín Fernández Paz.

Os nenos e nenas de 1º e 2º recomendámosvos Amizades secretas de Agustín Fernández Paz.

"Amizades secretas" de Agustín Fernández Paz

Recomendación literaria de 5º e 6º

Os de primeiro ciclo andamos por aquí!

Os nenos/as de primeiro e segundo temos un padlet no cal imos mostrar ao mundo o que facemos no cole. 

O padlet é un modo moi sinxelo de compartir a vida no cole. Desde o móbil ou o ordenador imos subindo fotografías, enlaces, resultados dos nosos traballos ou pequenos vídeos. 

Para vernos e estar ao día do que imos facendo, pulsade no seguinte enlace: 

https://padlet.com/primeirociclodemuimenta/andamosporaqui

 Agardamos que vos guste moito. Guiño

Distribuir contido


by Dr. Radut