Skip to Content

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Para celebrar o fin do trimeste e do curso, fixemos unha excursión á praia. Pasámolo xenial!! se queredes ver as fotos do ben que o pasamos, pinchade na imaxe!!

Bo verán!!!

Álbum: Sen categoría -> Excursión fin de curso

DÍA DA ÁRBORE

O 21 de Marzo celébrase o "Día da árbore", no que se fai fincapé na importancia de coidar os bosques polo beneficiosos que son para os seres vivos.

Durante toda a semana fixemos diferentes actividades relacionadas con este tema e o venres, día 23, plantamos entre todos e todas unha árbore. Este ano adicóuselle esta data aos Salgueiros e o nome que saíu elexido para o noso foi "Salgueiriño".

Para rematar a xornada fixemos unha festa no ximnasio e así celebrar a fin do trimestre.

Deixamos un vídeo coas imaxes do día.

DÍA DA ÁRBORE on PhotoPeach

EXCURSIÓN Á CASA DO PATRÓN

O xoves 22 de Marzo, fixemos a excursión do segundo trimestre. Nesta ocasión visitamos "A Casa do Patrón", en Lalín. Alí vimos como eran as casas, os coles e as cousas cando os nosos avós eran pequenos. Si que cambiaron as cousas!!!

Como nós somos grandes expertos en reciclaxe, quixemos aprender un pouco máis e fixemos un taller de reciclaxe de papel.

Deixámos unhas fotos co resumo do día.

Saúdos!

EXCURSIÓN Á CASA DO PATRÓN on PhotoPeach

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

O día 20 de Marzo viñéronnos visitar os axentes forestais de Meira para ensinarnos a importancia de coidar os bosques para evitar os incendios forestais. Ensiráronnos os seus camións, cos que van apagar os incendios e tamén nos trouxeron varias árbores para plantar no cole, entre elas Cerdeiras e Salgueiros.

Gustounos moito a súa visita!!

Deixamos unhas fotos nas que veredes o ben que o pasamos!

 

 

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS on PhotoPeach

Día de Rosalía

O 24 de febreiro celébrase o "Día de Rosalia" para conmemorar o nacemento desta poetísa galega.

Durante toda a semana estivemos coñecendo a vida e a obra de Rosalía de Castro e elaborando materiais para facer entre todos un mural. Tamén fixemos uns marcapáxinas que nos quedaron preciosos.

Hoxe fixemos a posta en común de todo o aprendido e cada neno/a fixo a súa aportación para o mural. Os maiores mostraron as súas dotes coma intérpretes recitando os poemas máis representativos de Rosalia.

 

Deixamos un vídeo coas fotos da celebración.

DÍA DE ROSALÍA on PhotoPeach

ENTROIDO

Hai uns días celebramos o entroido. Vaia festa máis divertida! Durante os días previos preparamos os nosos disfraces e actuacións: os nenos e nenas de infantil disfrazáronse dos "Paiasos da Tele", os de 1º e 2º da película "Grease", os de 3º e 4º de ´Rapeiros" (inventaron eles mesmos un rap con moito ritmo para cantar no festival), e os de 5º e 6º do grupo de rock "The kiss".

Como non podía faltar, a día da festa queimamos o MECO e convidamos as nosas familias a que visen o noso festival e participaran na festa!

DEIXAMOS UN VÍDEO COAS FOTOS

 

 

ENTROIDO on PhotoPeach

MENSAXES DE PAZ

DÍA DA PAZ

Bo día!

Onte, 30 de xaneiro, foi o "Día da Paz" e para celebralo decoramos o cole con pompas e motivos relacionados coa Paz. entre todos os nenos e nenas do cole fixemos un mural ao que lle chamamos "Mensaxes de Pax", no que cada un escribía unha mensaxe de Paz nunha botella e, para rematar a mañá, cantamos e bailamos todos xuntas a "Danza da Paz", de Mamá Cabra.

Deixamos un video para que vexades que ben o pasamos!

 

saúdos

 

Mensaxes de Paz on PhotoPeach

EXCUSIÓN AO CINE

Hoxe fomos de excursión ao cine a ver "COCO"!! Esta peli conta a historia dun neno que quería ser músico. (Non vos contamos nada máis para non desvelaros o final). A nós gustounos moito, recomendámola!!!

Deixamos unhas fotos que sacamos no cine.

Saúdos

Excursión ao cine on PhotoPeach

O MAGOSTO

O venres 10 de Novembro fixemos una festa para celebrar o Magosto. Nesa semana, cada neno/a elaborou na clase de plástica o seu cucurucho para as castañas. Quedaron chuliisimos!! Tamén trouxemos cada un unha ducia de castañas adentadas para comelas todos xuntos o día da festa.

O día da festa, antes do recreo, comimos todos xuntos as castañas no ximnasio. Que ricas estaban!!! Despois do recreo fixemos xogos tradicionais por equipos formados por nenos e nenas de tódolos cursos, deste xeito, os maiores axudamos aos máis pequeniños. Algúns dos xogos aos que xogamos foron: carreira de sacos, encestar castañas nunha caixa, levar castañas nunha cuchara, bailar por parellas suxeitando un globo coa barriga....e o máis divertido: derribar unhas botellas con fotos dos profes tirándolles castañas, como se fose o xogo dos bolos!!

Para rematar a festa cantamos e bailamos a canción de "Arao" de Pelo Gato 24. Pásamolo xenial!!

Deixamos un vídeo coas fotos da festa.

Magosto 2017 on PhotoPeach

A FESTA DO SAMAÍN

FESTA DO SAMAÍN

Hoxe celebramos no cole a festa do Samaín!! Para ambientar un pouco o cole trouxemos cabazas decoradas por nós na casa e tamén valeiramos e decoramos algunha todos xuntos na clase, algunhas eran moi terroríficas!

Á hora de entrar no cole tiñamos o patio cheo de bruxas, zombis, Dráculas, bonecos diabólicos...calquera se atrevía a achegarse a nós!!!

Durante a mañá fixemos xogos e, os máis atrevidos, visitaron o Pasadizo do Medo.Nel había moitas sorpresas!!! (Ainda se oscoitan agora os berros).

Para rematar esta festa cantamos a canción do Samaín e comimos unhas lambetadas tamén moi terroríficas, como todo no día de hoxe.

Deixámosvos unhas fotos para que vexades que ben o pasamos. A festa do Samaín on PhotoPeach

Distribuir contido


by Dr. Radut