Skip to Content

REVISTA 2019

Excursión a CORAX FAUNA

Para despedir o curso fomos de excursión a CORAX FAUNA. Alí vimos moitos animais moi de preto, encantóunos!! 

Álbum: Sen categoría -> Excursión CORAX

EXHIBICIÓN MEDIOS POLICIÁIS

O martes 18 fomos ao Colexio de Castro De Rei a ver unha exhibición dos medios policiáis na que participaron membros da Guardia Civil, dos Bombeiros e da Cruz Vermella.

Gustounos moito!!

Álbum: Sen categoría -> Garda Civil, Bombeiros e Cruz Vermella

CASA DAS CIENCIAS E PLANETARIO

Álbum: Sen categoría -> Casa das Ciencias e Planetario

Excursión ao Aeroporto de Santiago de Compostela

O pasado xoves, fomos de excursión ao Aeroperto de Santiago. Alí ensináronnos todo o que debemos saber e facer para viaxar. Tamém estivemos coa Garda Civil, cos Bombeiros e coa Policía, que nos explicaron cales son as súas funcións alí. O cetrero contounos que soltan halcóns a voar polo ceo do aeroporto para evitar que outras aves podan chocar con algún avión e así evitar accidentes. 

ENCANTOUNOS A VISITA!!!!

Álbum: Sen categoría -> Excursión Aeroporto

Día da Árbore

O venres foi o Día da Árbore e para celebralo, plantamos entre todos e todas un Bidueiro. Os días previos os nenos e nenas pensaron un nome para esta árbore e resultou gañador o nome VIDA. Un nome moi ben pensado, xa que as árbores son imprescindibles para a vida.

 

Álbum: Sen categoría -> DÍA DA ÁRBORE 2019

ENTROIDO

Como no CEIP De Muimenta somos moi festerios, non podíamos deixar pasar unha data como a Entroido sen celebrar! Este ano disfrazámonos de froitas: de fresas os de infantil, de sandías os de primeiro e segundo curso, de laranxas e limóns os de terceiro e cuarto e de piñas os de quinto e sexto. Traballamos moito para que os disfraces quedaran ben bonitos (e creo que o conseguimos). Como todos os anos, comezamos a semana seguindo os mandatos do meco: un mandil, os calcetíns por riba dos pantalóns, a roupa do revés...o xoves, cada un se difrazou do que quixo e comimos as famosas filloas de Tere, qué ricas!!! E o venres, para rematar a semana de festa, lucimos os nosos disfraces dando un paseo ata a praza, alí cantamos a canción "Toma mucha fruta" e volvimos para o cole a ler o testamento do meco e despois queimámolo! 

Pasámolo xenial!

Deixaos as fotos para os que non nos puidéstedes acompañar no día da festa!

Álbum: Sen categoría -> ENTROIDO 2019

DÍA DA PAZ

Onte foi o "DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ" e para celebralo xuntámonos todas e todos no ximnasio para facer un mural. Cada neno e nena aportou o seu graniño (a súa pomba), para facer a PAZ. Tamén cantamos a canción "MENSAJES DEL AGUA" que está moi relacionada con este tema, xa que fala do respeto, da tolerancia e do traballo en equipo.

Deixamos as fotos para que vexades o ben que o pasamos!

Álbum: Sen categoría -> PAZ 2019

OS BOLECHAS

Bo día!!

Onte tivemos no  cole unha visita moi especial: OS BOLECHAS!! Viñeron a falarnos dos RAEE. Pero....¿Que son os RAEE? Pois son os RESIDUOS DE APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS. Aprendimos o que son os aparellos elétricos e electrónicos e qué facer con eles cando xa non funciona. Agora xa somos especialistas neste tema, ata nos deron o carnet de ELECTRECOS!!!

Deixaos a fotos para que vexades o ben que o pasamos!

Álbum: Sen categoría -> BOLECHAS

PRIMEIRO TRIMESTRE

Deixamos as fotos do primeiro trimestre para que vexades o moito que traballamos e o ben que o pasamos!!

Esperamos que vos gusten!

Álbum: Sen categoría -> Primeiro trimestre 2018/19
Distribuir contido


by Dr. Radut