Blog 3º A

Arts and Crafts ( Plástica)

Let´s make some easy crafts (fagamos unhas manualidades sinxelas)

Act 1:

 

- Watch the video (mira o video)

 

https://www.youtube.com/watch?v=jz3D0egXVMI

 

- Let´s start.(Empecemos)

 

-Haye you got all the materials?(Tes todos os materiais?)

 

- OK Put them on the table.( Ponos na mesa)

 

- Have fun! (Divírtete!)

 

 

It´s Easter ( É a Pascua)

 

Act 2:

 

- First,watch the video ( primeiro,mira o video)

 

https://www.youtube.com/watch?v=LjFTWlYr6EI

 

- Put all the materials you need on the table.(Pon todos os materiais na mesa)

 

- Now let´s make “Easter string eggs”(Agora facemos Ovos de Pascua con fío ou cordel)

Rexistro dos alumnos/as de 3º a plataforma Blinklearning

REGISTRO ALUMNOS EN BLINK

1.-Ir a www.blinklearning.com

Cubrir los campos del siguiente pantallazo, aceptar condiciones y continuar.



 

Indica que eres «Alumno» y selecciona tu edad. Si eres menor de 13 años, el registro debe ser completado por tu madre, padre o tutor legal, por lo que se debe indicar su correo electrónico. 

2.- Acceso a contenidos

 

Cuando tu profesor, acepte tu solicitud, formarás parte de la clase y podrás acceder a tus contenidos.

Informe do traballo en época de cuarentena

Educación Primaria : 3º A

 

Dadas as circunstancias excepcionais de pandemia declarada pola OMS o profesorado recomenda que o alumnado realice durante o período sen clases actividades desde a súa casa a partires  do luns 16/03/2020.

RECOMENDACIÓNS XERAIS:

A crise epidemiolóxica que estamos a vivir implica que todos e todas fagamos esforzos por seguir mantendo a harmonía individual e familiar. Non estamos  de vacacións e será, polo tanto, moi importante que se sigan mantendo as rutinas de traballo para ter garantida a continuidade do seu proceso educativo. Todos os días, o alumnado deberá facer tarefas académicas: as encomendadas polo seu profesorado dos Centros Educativos e tamén aquelas que se correspondan coas súas actividades extraescolares (música, inglés, clases de apoio...). O seu profesorado tampouco está de vacacións, pero si ten limitados os contactos co seu alumnado. Neste sentido, a familia terá un papel fundamental para levar a cabo unha supervisión do seu proceso de aprendizaxe.

ACTIVIDADES BÁSICAS DA VIDA DIARIA.

É importante seguir establecendo horarios: horas de levantarse e de deitarse, rutinas de aseo e hixiene, horario de comidas (almorzo, media mañá, comida, merenda e cea), horario para ver a TV, horario de videoxogos e xogos de mesa. Inevitablemente os horarios van mudar (debemos intentar que pouco). Será necesario que estableza a familia as novas rutinas a levar a cabo.

ACTIVIDADES ACADÉMICAS.

Intentade seguir o horario marcado das clases presenciais. Todos os días debedes traballar, como mínimo, as materias que vos tocaban eses días. Polo tanto, todos os días debedes facer tarefas , incluíndo períodos de descanso.

Cada profesor/a enviará diferentes actividades/tarefas para facer. Utilizade a axenda escolar para anotar todo aquilo ao que lle deberás ir dando resposta. Realiza unha planificación do estudo diario que será flexible, pois deberá ir modificándose a medida

 

que o profesorado che vaia encomendando tarefas. Aproveita para reforzar aqueles contidos (das diferentes materias) que che resulten máis difíciles. O profesorado poderá aclarar dúbidas. Deberás realizar tamén as actividades extraescolares (música, inglés, clases de apoio) coa normalidade que sexa viable.

Neste informe aclaro como se leva a cabo este traballo desde as distintas materias que os alumnos de 3º teñen no currículo.

Titora

Teletraballo durante a cuarentena  para  terceiro de primaria:

A titora comunícase cos seus alumnos mediante o blog   http://luisadiaz1008.blogspot.com/ no que cada día explica o traballo a realizar. O  contacto cos pais/nais realízase mediante o correo electrónico da titora que xa saben desde comezo de curso.

inglés/Plástica

A través do blog de inglés creado na páxina web do centro:  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/taxonomy/term/205

Música

A través da aula virtual do centro entrando como convidados (Música Ceip Plurilingüe de Monforte) e polo blog de aula de música da páxina web do centro. As actividades nestes cursos terán un carácter lúdico e irán encamiñadas ao goce e relaxación do alumnado non tendo a intención en ningún momento de sobrecargar con máis traballo o facer diario do alumnado.

relixión

A mestra de relixión realiza a comunicación coas familias a través de Abalar móbil .

A comunicación co alumnado para coñecer as tarefas do curso faino a través da Aula virtual: Relixión3P (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/aulavirtual/course/view.php?id=28)

Os avisos xerais é  a través do Blog de Relixión (Blogs de Aula-Páx.  web do cole)

ed. física

*Educación física: A comunicación realizarase esencialmente a través dos blogs: blog de centro (https://ceipdemonforte.blogspot.com/) ; no que se están a colgar vídeos de coreografías sinxelas, retos realizados polo alumnado e do blog de educación física (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/taxonomy/term/138)  no que atoparán recomendacións máis xerais.

Poesía de 3º A

Poesías de primavera

LIBRO VIAXEIRO

Se queredes coñecer o noso Libro Viaxeiro, clicade sobre o enlace.

Distribuir contido