Ed. Infantil

Proposta de Actividades de Relixión

Ola chicos! Cómo estades?

Aquí tedes unhas actividades para facer estos días. Desexo que vos gusten:

1ª Recordamos a Historia de Noe

Canción: En el arca de Noé (https://www.youtube.com/watch?v=HVKDV1q-x54)  CLIC

Podedes escoitala varias veces para recordar a canción e logo podedes debuxar os animais que aparecen ou facer algún animaliño como estes

2º Como estamos en primavera vamos escoitar o conto “Una flor con suerte” (https://www.youtube.com/watch?v=zQmluqSjAUA) CLIC . Despois do conto podes debuxar unha flor ou facer unha con froita, como fixo Carlos.

3 Escoitamos a canción de Panam, Ángel de la Guarda https://www.youtube.com/watch?v=JjWdEhbWy6w  CLIC

Feliz Semana!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE RELIGIÓN PARA EDUCACIÓN INFANTIL

NOTA INFORMATIVA

Ola familias!

Esta será a nosa canle de comunicación durante estes días. Aquí o equipo de educación infantil vai ir engadindo diferente material, recomendacións e páxinas de interese. Cada familia debe seleccionar o contido subido segundo o curso no que estean os vosos fillos/as, para iso vamos poñer xunto ó material a clase para a que está indicado: 4º infantil (3 anos), 5º infantil (4 anos) e 6º infantil (5 anos), cando non poñamos nada é para todo o alumnado.

Así mesmo, os diferentes especialistas que imparten docencia en infantil tamén engadirán material, o cal podedes consultar nos seguintes lugares:

PSICOMOTRICIDADE: os mestres que imparten psicomotricidade subirán todo o material ó blog de educación infantil(aquí) e tamén podedes consultar o blog do centro: https://ceipdemonforte.blogspot.com/. Atoparedes recomendacións de exercicios, alimentación saudable, cancións, relaxación, …

INGLÉS: o mestre subirá todo o material a través do blog de infantil.

RELIXIÓN CATÓLICA: a mestra subirá o material no propio blog de infantil.

PEDAGOXÍA TERAPEUTICA: o material de PT será enviado por correo electrónico ó alumnado que conta con estas sesións ó longo do curso.

AUDICIÓN E LINGUAXE: engadiranse recomendacións e diferente material ó blog de infantil.

Por outra banda, para comunicarse coas titoras podedes empregar abalar ou os seguintes correos electrónicos:

Uxía Cortés (4º Educación Infantil – 3anos): ucveducacioninfantil@gmail.com

Montserrat Novelle (5º Educación Infantil – 4 anos): profemontsecolenovo@gmail.com

Goretti Díaz (6º Educación Infantil – 5 anos): profegoretti@hotmail.com

Un saúdo,

O equipo de educación infantil

Concurso Chuzos

Ola familias!!

Nas nosas aulas temos grandes artistas, por iso vos enviamos este carteliño para que lle botedes unha ollada.

É un concurso que convoca a imprenta Chuzos de Monforte (xa neste curso participamos noutro e tivemos algún que outro premiado). A temática é libre, podedes empregar diferentes materiais e logo tedes que enviar unha fotografía do mesmo por Whatsapp ó seguinte número: 646978090. Tedes todo explicado no cartel e senón podedes entrar no seu facebook: Chuzos Papelería Imprenta.

Animámosvos a que o alumnado participe e así pasar un ratiño divertido!

Distribuir contido