Biblioteca
CONTACONTOS EN 4 ANOS
ANIMACION Á LECTURA EN 4 ANOS
Durante este ano, os pais/nais dos nenos e nenas de 4 anos veñen a facernos pasar un ratiño máxico cando nos visitan para leernos os seus contos dentro da campaña de animación á lectura que se está a levar a cabo no noso centro.
A primeira visita que recibimos foi a Mª del Carmen Souto que nos contó a historia do "Rato Pérez".
A segunda visita foi Mª. Angeles Mariño que nos contó a historia do "Peixe de ouro ".
Logo veu Consuelo Rodríguez que nos leeu o conto "Rei e Rei".
Tamén aceptou a nosa invitación Carlos Diego Méndez que relatou a historia "O pozo máxico"
Esperamos recibir moitas mais visitas xa que o pasamos moi ben.
O día 23 de marzo veu a contarnos o conto "A galiña vermella e o gran de trigo" Judit Meritxell Jorge.Pasámolo moi ben e dámoslle as grazas pola súa visita.
Hoxe día 27 de abril, volveu M. del Carmen Souto a leernos un novo conto, trátase do "Galo Kirico" que nos gustou moito. Fixemos unhas viseiras moi vistosas e traballamos nun puzzle que tiña un galo debuxado. O final recibimos un agasallo e dámoslle moitas grazas por pasar un rato con nos.
O día 13 de maio, volveu Consuelo Rodríguez a contarnos o conto do "Marciano Marcial", foi moi divertido e aprendimos moitas cosas sobre a alimentación saudable. Realizamos un recortable sobre a pirámide dos alimentos e unhas fichas sobre algunhas froitas que coñecemos e que xa comimos nalgunha ocasión. Tamén sabemos que non se pode abusar dos doces e golosinas e que se deben comer moitas froitas e verduras. Pasámolo moi ben. Grazas.
LIBRO VIAXEIRO - Curso 2008-2009
Libro viaxeiro
Como sabedes, o mes pasado os alumnos/as do Centro e as súas familias contribuiron cos seus traballos ao fomento da lectura, elaborando o Libro Viaxeiro.
Invitámosvos a que pasedes un momento de ledicia disfrutando do traballo realizado por todos eles.
LIBROS, PELÍCULAS E BIBLIOTECAS
LIBROS-PELÍCULAS E BIBLIOTECAS
“EL GUARDIAN DE LAS PALABRAS” (Maurice Hunt, 1994)
Cando o protagonista se ve na obriga de refuxiarse nunha misteriosa biblioteca xunto ao seu bibliotecario, comezará vivir unha trepidante aventura na que os libros tomarán vida. Esta aventura, permitiralle descubrir a maxia da biblioteca e do seu contido.
MATILDA (Danny de Vito, 1996)
O mundo de Matilda son os libros e a biblioteca. Nos libros, atopa todo aquelo que a súa familia non pode darlle.
HARRY POTTER
Nas catro películas, que narran a vida académica do xoven mago Harry Potter, rescátase a imaxe da biblioteca como espazo misterioso, lugar de iniciación e descubrimento.
LA HISTORIA INTERMINABLE III (Peter MacDonald, 1994)
O prezado libro de "La historia interminable" é roubado. Baltasar B.B. é o protagonista da historia sen sabelo. Fantasía debe ser salvada da “Nada”. Na película destaca a importancia da lectura para vivir aventuras incribles e para a formación dos xoves.
Se coñeces outros títulos nos que os libros sexan os protagonistas... fáinolo saber. Achéganos as túas suxestións e comentarios e os colgaremos na web do cole.
s e
Mes da biblioteca escolar
MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR
O día 24 deste mes de outubro comezamos a EXPOSICIÓN: "O MEU LIBRO FAVORITO". Os/As alumnos/as do centro deixan o seu libro preferido para que os compañeiros/as que así o desexen poidan compartir con eles a súa lectura.
"El guardián de las palabras" será a película que invitará aos nosos alumnos/as a visitar e quedar na biblioteca na procura de libros que os mergullen en estupendas aventuras.
"O libro viaxeiro" é outra das actividades dirixidas ao fomento da lectura é a mellora da competencia lingüística dos nosos alumnos/as. Grazas a todas as familias pola súa colaboración na elaboración do mesmo.
Contos animados
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4