Skip to Content

 

VISITA AO CASTRO

Viaxamos no tempo ata a época de 1700 para coñecer a historia da cidade de Vigo dende  a fortaleza do Monte do Castro, sitio estratéxico de defensa. Coñecimos os pasadizos secretos por onde os soldados e a poboación defendían a súas terras. Moi interesante e ilustrativo para saber de historia. Mil grazas a todos. Preme aquí

 

OBRADOIROS

Este trimestre o alumnado de sexto participou en dous Obradoiros para mellorar as súas competencias. No inicio do trimestre tivemos o Obradoiro de escritura e declamación impartido por Elvira Ribeiro despois continuamos con un Obradoiro STEAM en colaboración coa Uvigo impartido por Silvia e Marta, dúas mulleres que traballan no eido das ciencias. Pasámolo moi ben e aprendemos moitísimo!

ANDAINA RÍO LOURO

Este mércores día 20 fixemos unha andaina polo sendeiro azul do Río Louro. Os nosos guías, explicáronnos como recoñecer as árbores de ribeira e algúns animaliños do río. Ademais de gozar dunha xornada moi agradable ao aire libre aprendemos un montón de cousas!

 

Mulleres na ciencia, Naturnova

O pasado mércores 7 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de primaria estivemos en Naturnova( Vigo), aprendendo sobre a vida académica de mulleres que adicaron a súas carreiras profesionais á ciencia e á investigación. BRAVO. 

CHARLA SOBRE SEPRONA

En novembro, o alumnado de 5º e 6º, recibimos a visita de dous guardias civís que nos explicaron en que consistía o seu traballo.

Eles pertencen a unha especialidade dentro da Guardia Civil chamada SEPRONA ( SERVICIO DE PROTECCIÓN DA NATUREZA). Encárganse de velar pola conservación da natureza e os recursos hídricos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal ou de calquera outra índole relacionada coa natureza.

Foi unha charla moi amena e interesante, onde aprendimos cousas novas e fixemos moitas preguntas relacionadas co tema!

 

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2023

Os rapaces e rapazas de sexto de primaria hoxe 4 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, saímos a disfrutar da lectura e do bo tempo, lendo solos, en compaña con outros compañeiros e axudando aos cativos do cole. Grazas por todo. A profe Leticia

EXCURSIÓN MARÍTIMA

Os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria

convivimos durante unha xornada moi  especial.


Grazas profes por acompañarnos nun dos días

máis felices deste curso. Preme aquí

 

UN MES DE MAIO MOI INTENSO

Rematamos o mes de Maio cun pequeno resumo das principais actividades que fixemos. Practicamos deporte dentro do programa  XOGADE, fixemos MAXIA cun plástico metido no forno, estivemos de novo con MIMO, o can do centro de día de Torroso e fomos profes de historia antiga por unhas horas cos nosos compañeiros de quinto. Foi moi emocionante. Grazas. Preme aquí.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut