Skip to Content

 

VISITA DE ALICIA BORRÁS SANJURJO

O mércores 15 de maio, tivemos unha visita moi especial de Alicia Borrás, escritora do libro Nata e Chocolate. Foi un pracer escoitala. Grazas.

VISITA AO CASTRO DE VIGO

Viaxamos no tempo ata a época de 1700 para coñecer a historia da cidade de Vigo dende  a fortaleza do Monte do Castro, sitio estratéxico de defensa. Coñecimos os pasadizos secretos por onde os soldados e a poboación defendían a súas terras. Moi interesante e ilustrativo para saber de historia. Mil grazas a todos. Preme aquí

 

MULLERES CIENTÍFICAS

MULLERES CIENTÍFICAS

Durante todo o mes de marzo e para conmemorar o 8M, todas as aulas do colexio investigamos a vida de diferentes mulleres.

Ao alumnado de 5º tocounos "AS MULLERES CIENTÍFICAS".

Pasámolo moi ben traballando en equipo e aprendimos moitísimo!

 

 

 

 

RECITAL DE POESÍA 5º B!

RECITAL DE POESÍA ADICADO A ROSALÍA DE CASTRO!

O alumnado de 5º B preparamos un recital con diferentes poesías desta grande escritora galega!

Logo, fomos por todas as aulas de Primaria e nos convertemos en grandes poetas e poetisas.

Tamén, elaboramos un  programa de radio. Quedounos xenial!Podédelo escoitar na páxina web do colexio.

NORABOA EQUIPO! MARABILLOSOS TRABALLO!

 

MAQUETAS DO RELEVO DE ESPAÑA

Durante o mes de marzo e abril fixemos unha maqueta en tres dimensións representando o relevo de España e Galicia, para despois expoñelo para os nosos compañeiros. Grazas a todos e a todas polo traballo realizado.

 

MATES NO SÚPER

O luns 8 de abril os rapaces e rapazas de quinto fumos a Eroski Center a aprender a comprar, a elaborar un almorzo saudable, a fixarnos nos prezos e analizar as etiquetas para ver cantidades, así como a ver os descontos e as porcentaxes das ofertas. Fabulosa a acitividade. Grazas

ANDAINA MUIÑOS DE PEREIRAS

Para celebrar o 8 de marzo Día da Muller, os rapaces de quinto participamos na Andaina dos Muiños de Pereiras organizada polo Concello de Mos. Grazas por este día tan especial.

 

 

TALLER DAS EMOCIÓNS

As alumnas e alumnos de quinto estivemos a participar nun taller de emocións moi interesante da man de Lara Arribas Sánchez. Grazas por todo. Foi fantástico.

ENTROIDEAMOS!

O alumnado de 5º desfrutamos dun taller impartido por Ismael Pato, onde aprendimos moitas cousas relacionadas co ENTROIDO GALEGO e fixemos unhas carautas moi orixinais.

ENTROIDO "PESCAMOS"

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut