Skip to Content

 

ECURSIÓN EN BARCO A CANGAS

Cara o final do mes de maio fixemos unha saída moi interesante xunto cos compañeiros e compañeiras de 3º de EP. Ben cedo, collemos o barco a Cangas e cruzamos a ría. Alí visitamos o edificio da lonxa, aínda que os de cuarto non puidemos entrar a visitalo a zona da subasta, xa que era un espazo moi pequeno. Pero non nos desanimou, xa que tiñamos en mente facer unha investigación moi interesante na Praia de Rodeira. Dividímonos en grupo s e fixemos unha recollida de lixo nun anaco concreto do areal. Analizamos o lixo recollido respostando as seguintes questións:

* Nun anaco pequeno hai bastante lixo....canto haberá en todas as praias da ría, da provincia, da comunidade....etc?

* O lixo que máis atopamos foron plásticos e "colillas" que tardan moito en desfacerse e chegarán ao mar facendo dano ao ecosistema marino. Qué consecuencias observamos?

* Se os peixes se alimentan de plásticos e restos contaminantes.....quen acabará contaminándose ao comer ese peixe da ría?

A saía foi unha maravilla, porque ademáis de ter oportunidade de ir en barco, facer traballo de campo cos contidos vistos na aula...pois tamén tivemos tempo de xogar no parque.

TERCEIRO TRIMESTRE EN 4º EP

Queredes saber a que andamos neste terceiro trimestre??? En cuarto nunca, nunca, nunca nos aburrimos......

* CHARLA SOBRE SEGURIDADE VIAL: César, policia local do Concello de Mos, explicounos a importancia de ter e seguir as normas sobre seguridade vial. Seremos peatóns e conductores responsable con todo o que aprendimos hoxe.

* IMOS DE COMPRAS!!!: Esta é sen dúbida a nosa actividade estrela.....mesturamos aprendizaxes, tentando levar á realidade o que traballamos nas aulas en diferentes áreas: mates. lengua, ciencias... A nosa excursión ao súper e a posterior posta en práctica e degustación de tres receitas diferentes.... é unha actividade que recordarán durante o resto do curso.

 

Estade atentos...que o último trimestre deste curso apenas comenza.......e estamos a planificar algunha que outra cousa.....ademáis de traballar e estudar!!!

  

 

 

 

RESUMO 2º TRIMESTRE 4º EP

No segundo trimestre fixemos moitas e variadas cousas. Un pequeno resumo:

* CHARLAS NA AULA DE CIENCIAS: O alumnado de cuarto realizou diversas charlas sobre os temas que estamos a dar na área de ciencias. Un xeito de repasar contidos de xeito lúdico e experiencial, como a nós nos gusta!!

 

 

 

 

* FESTA DO ENTROIDO: Os nenos e nenas de cuarto aproveitaron a realización do disfraz de entroido para traballar o proxecto do centro sobre consumo responsable, aprendemos a traballar en equipo compartindo bos momentos, puxemos en práctica as nosas cualidades artísticas e reciclamos moitísimo. O resultado foi unha recreación do anuncio "pezqueñines, no gracias". Os nosos peixiños desfilaron acompañados das ondas e os fondos mariños dos noso mares e océanos.

 

* DÍA DE ROSALÍA: Como nos vai a festa aos de cuarto......aproveitamos este marabilloso día para aprender, traballar....e ata cantar por rosalía de Castro.

 

*SAÍDA AO TEATRO: Neste segundo trimestre asistimos á representación da obra HUGO no Teatro García Barbón. Este obra adentrounos unha vez máis no mundo diverso que nos rodea, dando visibilade nesta ocasión ao trastorno de espectro autista. Somos diferentes, somos iguais.....ou non?

 * DÍA DA PAZ: no día da paz fomos superheroes e superheroínas, loitando pola paz.

 

SAÍDA AO CASTELO DE SOTOMAIOR

E rematamos este trimestre de moito traballo cunha saída estupenda ao Castelo de Soutomaior. Pasámolo xenial desfrutando deste espazo natural cos xardíns cheos de árbores autóctonas e foráneas. A senda das Camelias, o fento brasilerio, a xigantesca sequoia que atrapou un dron durante un tempo...

Dentro do Castelo tamén tivemos tempo para aprender cousas moi interesantes non só sobre a propia historia do Castelo senón curiosidades sobre a Idade Media, como a importancia das diferentes partes do castelo para se defenderen dos atacantes, con eses baños tan "orixinais"....

E aqui deixamos unha pequeña mostra do ben que o pasamos...

 

 
 
 
 
 

ARTISTEANDO...

O alumnado de cuarto ten moita arte no corpo. Son excelentes pintores e pintoras. Comezamos as clases de plástica experimentando coa inicial do noso nome. O resultado fala por sí só!!

 

A LIÑA DO TEMPO

Este trimestre estamos aprendendo sobre a Prehistoria. Comezamos o tema facendo as nosas liñas do tempo persoais. Quedaron moi ben e pasámolo xenial escoitando a historia dos compañeiros e compañeiras.

BENVIDOS A CUARTO.- CURSO 2023-2024

Benvidos a cuarto de Primaria, meus amoriños!!! Sen darnos conta pasou o verán e xa estamos de novo no cole para vivir esta nova aventura. Xa sabedes que cuarto é cousa seria......así que...a por él!! E como somos un equipo.....acabarémolo con moito éxito.

XORNADA FIN DE CURSO- PARQUE DA AUGA

Como remate deste curso 22-23, o alumnado de 4º, achegouse ao Parque da Auga para desfrutar dunha xornada diferente e moi refrescante, que nos anuncia a inminente chegada das vacacións de verán.

 

FELIZ VERÁN A TOD@S!!!

VISITA AO MUSEO DO MAR

O alumnado de 4º realizou  unha saída ata o Museo do Mar de Vigo. Alí puidemos observar o acuario con diferentes especies das nosas rías. Tamén participamos no obradoiro: Un mar sen plásticos, para concienciarnos do gran dano que fai o plástico no noso planeta.

 

 

 

DÍA DA FAMILIA 2023

Hoxe, 15 de maio, celébrase o Día da Familia e o alumnado de 4º realizou unhas bonitas bandexas multiusos. Feliz Día da Familia!!

 

"A familia, non necesita ser perfecta,

necesita estar unida pase o que pase"

 

 

 

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut