Skip to Content

 

PLANTAMOS AS NOSAS PROPIAS ÁRBORES NO PARQUE!!!

 

 Ola familias!!! O pasado, 21 de marzo, os nenos e nenas de 2º de Primaria, xunto cos seus compañeiros e compañeiras de 1º de primaria, celebramos o Día Internacional dos Bosques, no gran parque que hai ao lado do cole.

Primeiro déronnos unha charla sobre os animais autóctonos de Galicia, así como tamén das árbores. Fixemos moitos xogos divertidos, para a continuación plantar, por grupos, pequeas arboriñas que un día serán xigantes coma nós, jejejejeje!!!!

A verdade é que foi unha actividade moi interesante e da que aprendemos moitas cousas que non sabíamos e que, dende logo, nos deixaron abraiad@s!!!

Fixemos un pequeno vídeo para que opinedes vós mesm@s!!!

Premede na imaxe para velo e agardamos que vós guste moito!!!

Unha aperta ben grande!!!

 

 

 

AS MASCOTAS MERECEN TODO O NOSO AMOR!!!

Ola familias!!! O pasado mes de marzo os nenos e nenas de 2º de Primaria, recibimos, na nosa clase, a visita de Silvia, unha das veterinarias da protectora CAAN (Vigo).

Explicounos a responsabilidade que implica ter unha mascota, os coidados que precisan en canto a alimentación, visitas ao veterinario (fixo fincapé na importancia de poñerlle un microchip, desparasitala, terlle as vacinas ao día e todo o que sexa necesario)

Tamén outra cousa moi importante é xogar con elas, sacalas a pasear e darlles moito amor, xa que pasan a ser un membro máis da nosa familia!!!

A verdade é que aprendemos moito e puidemos ver como era un microchip, un lector de microchip, o pasaporte dunha mascota… e moitas cousas máis!!!

Unha actividade xenial e que nos encantaría repetir para seguir aprendendo máis cousas!!!

Premede na imaxe para ver o vídeo!!! Agardamos que vos guste e o desfrutedes tanto coma nós!!!

Unha aperta!!!

 

DIVERTÍMONOS APRENDENDO O SUXEITO E O PREDICADO!!!

Ola familias!!! Hoxe mostrámosvos, neste vídeo, como distinguimos as partes dunha oración, o suxeito e o predicado, e desfrutámolo moito!!!

Hai moitas maneiras de aprender cousas novas, pero a nós o que máis nos gusta é divertirnos coa actividade, ao mesmo tempo que aprendemos!!!

Coloreamos, recortamos e despois pegamos, na libreta, o noso traballo!!! Quedounos moi bonito!!!

Agardamos que vos guste o vídeo e que o desfrutedes tanto coma nós facendo esta actividade!!! :)

Que pensades do noso traballiño??? Premede na imaxe e opinade vós mesm@s!!!

Unha aperta enorme!!!

PANADEIROS E PANADEIRAS POR UN DÍA!!!

Ola familias!!! O pasado 15 de decembro os nenos e nenas de 2º de Primaria, xunto cos nosos compis de 1ºEP, fixemos unha saída a Vigo para visitar as instalacións de APROINPPA (Asociación Provincial de Panadeiros e Pasteleiros). 

As compañeiras de Aproinppa xa nos estaban agardando, e tod@s agradecemos o calorciño dos fornos nun día tan frío!!!! Comezaron preguntándonos sobre o que sabíamos, relacionado coa elaboración do pan para, a continuación, pedirnos a nosa colaboración, para elaborar un bo anaco de masa!!! Estábamos abraiad@s!!!

Cando a mestura estivo feita (grazas á amasadora) chegou o momento de poñernos mans á masa!!!

Cada neno e cada nena puidemos moldear coas nosas mans o noso boliño de pan, e non defraudamos!!! Houbo boliños con forma de flores, peixes, estrelas... deixamos voar a nosa imaxinación!!!

Unha vez amasado e moldeado o pan, metémolo nos fornos e agardamos a que estivera listo!!!

Unha vez rematamos na panadería, aproveitamos para dar unha voltiña polas rúas dos arredores, o cal nos brindou a oportunidade de realizar fotografías con Papá Noel e cun oso xigante, súper bonito!!!

Foi unha mañá moi instructiva, divertida e fantástica, na que aprendemos moito e marchamos moi content@s grazas, tamén, ao cheiro do pan recén feito!!!

Agardamos que vos guste moito!!!

Premede na imaxe e desfrutade moito co vídeo!!!

Unha gran aperta!!!

 

CASTAÑAS E CHOCOLATE!!!

Ola familias!!! O pasado mes de novembro celebramos un gran Magosto no cole!!!

Un gran día para compartir xunto cos nosos compañeiros e compañeiras e celebralo como se merece!!! Castañas e chocolate, que ricooo!!!

No noso Magosto comemos moitas castañas, bailamos e tomamos moito chocolate quentiño... Desfrutamos moito desta festa... Unha festa que nos encanta!!!

Premede na imaxe e opinade vós mesm@s!!! Agardamos que vos guste!!!

Unha aperta ben grande!!!

 

 

BOTAMOS UNHA PARTIDA DE XADREZ???

Ola familias! Un ano máis, os nenos e nenas, que xa estamos en 2º de Primaria, participamos nas últimas semanas nun obradoiro de xadrez, impartido por Brais, un dos mestres do clube de xadrez de Mos!!!

Explicounos que o xadrez é un xogo moi beneficioso, xa que nos axuda a formar un pensamento máis claro, solucionar con máis rapidez os nosos problemas (ter un pensamento máis áxil e tomar decisións rápidas), manter un nivel de concentración alto, así como tamén reforzar a memoria visual. Interesante, verdade???

Parécenos sorprendente que nos axude a tantas cousas, pero o certo é que así é! Encantounos e implicámonos un montón!!!

A verdade é que aprendemos moitísimo e, sobre todo, divertímonos o que tamén é moi importante!

Xa estamos preparad@s para un gran torneo!!! Apuntádesvos???

Premede na imaxe e comprobádeo vós mesm@s!!! Agardamos que vos guste!!!

Unha aperta!!!

 

 

 

UNHA SAÍDA CON MOITO RITMO!

Bo día familias!

O pasado martes 21 de novembro o alumnado de 1º e 2º de primaria realizaron unha saída extraescolar ao teatro Afundación de Vigo para asistir ao espectáculo "Vaia ritmo!".

 

O espectáculo foi interpretado por Odaiko Percussion Group, unha banda que, como o seu nome indica, emprega a percusión para crear fermosas e fascinantes melodías.

Durante o transcurso da actuación os integrantes de Odaiko subiron a algunhas persoas ao escenario. Entre eles o noso alumno Anxo de 1ºEP! Mirade que cariña de concentración na tarefa!

 Ao remate da actuación tivemos a oportunidade de saudar aos artistas e compartir un momento con eles.

Que día tan marabilloso e inolvidable!

  ***

SAÍDA A ILLA DE SAN SIMÓN!

AÍDA A ILLA DE SAN SIMÓN!

O equipo de 2º realizamos a última excursión deste curso. Que magoa!

Disfrutamos moito visitando a ILLA DE SAN SIMÓN!

SOMOS UN EQUIPO!

OBRADORIO DE XADREZ!

Ao longo deste curso escolar, o alumnado de 2º, disfrutamos dun OBRADOIRO DE XADREZ moi interesante. Nel aprendimos moito e pásamolo moi ben.

O xadrez aporta múltiples beneficios entre eles:

  • Mellora a memoria.
  • Fomenta a concentración.
  • Axuda ao desenvolvemento do pensamento crítico.
  • Promove a resolución de problemas e a toma de decisións.
  • Desenvolve a imaxinación e a creatividade.
  • E...moitos máis!

DÍA DO LIBRO EN 2ºB

Bo día familias!

Con motivo do Día do Libro (que este ano cae no domingo 23 de abril), o alumnado de 2ºB estivo traballando durante toda a semana o álbum ilustrado "Un gato na árbore", de Pablo Albo.

Ao longo da semana estiveron lendo as páxinas que lles tocaban unos aos outros para mellorar a pronuncia, a expresividade, o ritmo... e entre todos establecer cales eran as frases ás que debíamos darlle maior énfase para que a historia fose máis divertida.

Aquí compartimos con vós o resultado final, premede na imaxe da portada para acceder.

Agardamos que vos guste!

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut