Skip to Content

 

5º Educación Infantil

SAÍDA A APÍPOLIS

Hoxe os nenos e nenas de infantil tivemos un día distinto pero moi moi divertido: fomos a Apípolis, a cidade das abellas! Alí fixemos unha vela con cera, preparamos galletas e ata visitamos o apiario vestidos como auténticos apicultores. 

Si queredes ver un resumo deste día marabilloso, premede na imaxe

VISITA AO MUSEO DO MAR

O pasado venres os nenos e nenas de 4 anos tivemos a sorte de ir, xunto cos compañeiros/as de infantil, ao Museo do Mar. Alí descubrimos un montón de cousas da vida mariña e ata visitamos o acuario!! 

Si queredes ver o ben que o pasamos, premede na imaxe.

A MAXIA DE APRENDER XOGANDO!

Ola familias! Esta semana pasada, os pequerrechos e pequerrechas de 4 aniños pasámolo fenomenal xogando con teas na aula..., e desenvolvendo, así, a nosa creatividade, que é moita!

Como podedes ler na foto da portada..., as aprendizaxes máis importantes da vida, constrúense xogando! Que gran verdade!

Agardamos que vos guste moito o vídeo e que o disfrutedes un montón! :)

 


CAMISETAS DE NADAL!

Boas familias! Neste vídeo mostrávosmos como pintamos camisetas de Nadal, grazas aos pais de Zoe! A verdade, é que foi todo moi divertido e encantounos esta nova experiencia! Pasámolo xenial!

Mereceu moito a pena e podédelo comprobar por vós mesm@s! Premede na imaxe e a ver que opinades! 

Agardamos que vos guste tanto como a nós! Adiante e desfrutade! 

 

MÁSCARAS DE CORES!

Ola familias! Na aula de 4 anos, os cativos e cativas, deixaron voar a súa imaxinación e decoraron con moitos adornos e cores unhas máscaras africanas, empregando diferentes materiais.

Cada pequen@, escolleu, libremente, os materiais que máis lle gustaron. O resultado foi estupendo e moi bonito!

Agardamos que a vós tamén vos gusten tanto como a nós! Premede na imaxe e comprobádeo vós mesm@s! :)

ENCHOCOLATÁMONOS CON CASTAÑAS!

Ola familias! Os peques de 4 anos pasámolo fenomenal nun obradoiro de cociña... arrodeados de moito chocolate! Puxémonos as botas! Que rico estaba! Mmmmmmm!

Agardamos que vos guste o vídeo! Para velo só tedes que premer na imaxe!

 

OBRADOIRO DE BAILE COA NAI DE ALAN!

Na aula de 4 anos, tivemos unha visita moi especial que nos fixo bailar moito.

 

MAÑÁ DE CORES!

Na aula de 4 anos, pintamos con xiz no chan do patio, facendo debuxos libremente, dando rienda solta a súa imaxinación.

 

  

EXPERIMENTO CON AUGA E LACASITOS!

Os nenos de 4 anos, pasámolo moi ben facendo un obradoiro de experimetos, no que os protagonistas foron os deliciosos lacasitos.

 

PARQUE DA AUGA

O alumando de Educación Infantil ao completo vistamos o parque da auga e pasámolo en grande. Preme na imaxe para comprobalo. 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut