Skip to Content

 

4º Educación Infantil

MOVE O CU

O pasado 14 de maio os nenos e nenas de 3 anos disfrutamos dun festival do máis especial. Puxemos uns tutús de moitas cores e saímos ao escenario a mover o cu! Esperamos que o pasárades tan ben coma nós e non olvidedes mover o cu!!!

SAÍDA AO PARQUE DA AUGA

Hoxe os nenos e nenas de 3 anos tivemos a sorte de ir ao parque da auga xunto coa profe Adri! Tirámonos pola tirolina, baixamos polo tobogán e ata vimos as ras!! Premede na imaxe para ver como o pasamos.

SAÍDA A APÍPOLIS

Hoxe os nenos e nenas de infantil tivemos un día distinto pero moi moi divertido: fomos a Apípolis, a cidade das abellas! Alí fixemos unha vela con cera, preparamos galletas e ata visitamos o apiario vestidos como auténticos apicultores. 

Si queredes ver un resumo deste día marabilloso, premede na imaxe

OS PIRATAS DE MOS

Este trimestre os nenos e nenas de 3 anos sumáronse á escola de piratas. Durante estes meses fixemos un cofre, un barco pirata con pan bimbo e ata loitamos contra o escorbuto!! Para ver todo o que descubrimos sobre os piratas, premede na imaxe.

TALLER COA MAMÁ DE ANTÍA

Hoxe Noelia, a mamá de Antía, viu a clase a facer con nós un barquiño pirata. Si queredes ver o coloridos que quedaron, premede na imaxe!

Gracias Noelia por vir e axudarnos a poñer fin a este proxecto tan especial dos piratas!!

TALLER CO PAPÁ DE TIAGO

Hoxe tivemos a sorte de ter na nosa aula ao papá de Tiago, Enrique, que veu a ensinarnos como facer un barquiño pirata de vela. Si queredes ver como o fixemos, premede na imaxe!

Como dixo Tiago, gracias Enrique por vir!! Foi un ratiño súper divertido.

TALLER COA MAMÁ DE SAMARA

Hoxe veu á nosa aula a mamá de Samara, Paula, a facer un taller de globoflexia. Ensinounos a facer un mono, un loro e ata un peixiño!! Pero isto non foi todo, tamén nos fixo unha espada a cada un, parecíamos auténticos piratas!! Premede na imaxe para ver un resumo deste ratiño tan divertido.

Gracias Paula polo teu talento e a túa paciencia!!

TALLER COA FAMILIA DE EREA

O martes os papás de Erea viñeron á nosa clase a facer con nós uns tiburóns súper divertidos que ata podían abrir a boca!! E por si fora pouco, puxéronnos uns tatuaxes que nos facían parecer uns auténticos piratas! Si queredes ver como disfrutamos, premede na imaxe.

Aproveito para agradecer á mamá e ao papá de Erea pola vosa paciencia e por tratarnos con tanto cariño!

VISITA AO MUSEO DO MAR

O pasado venres os nenos e nenas de 3 anos tivemos a sorte de ir, xunto cos compañeiros/as de infantil, ao Museo do Mar. Alí descubrimos un montón de cousas da vida mariña e ata visitamos o acuario!!

Si queredes ver o ben que o pasamos, premede na imaxe.

TALLER PIRATA COA MADRIÑA DE IZAN

O martes a madriña de Izan veu ao cole a facer con nós uns piratiñas coas mans e unha espada pirata!! Si queredes ver como os fixemos, premede a imaxe.

Grazas Vane polo teu cariño e esmero, foi un ratiño marabilloso!!!

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut