Skip to Content

 

novas de biblio

"VISITA DUNHA ESCRITORA"

O pasado mércores 15 visitounos na Biblioteca Escolar e na Radio Escolar Sanguiñeda a escritora Alicia Borrás Sanjurjo porque os rapaces e rapazas de quinto de primaria leron como lectura colectiva NATA Y CHOCOLATE. Falounos da importancia da lectura e do marabilloso que son os libros e os trucos para escribilos... Despois fixémoslle unha entrevista na Radio Escolar, foi unha mañán moi intensa. Grazas a todos

DÍA DO LIBRO

A semana pasada para a celebración na escola do Día do Libro, dende biblioteca propúxose un "vendaval de contos". 

Nenas e nenos de todos os cursos xuntáronse en diferentes aulas e instalacións por grupos para gozar dunha lectura e de diferentes actividades onde o máis importante foi a convivencia e a creatividade.

Moitas grazas pola participación e pola vosa boa actitude.

Vémonos cedo!

Premede na imaxe para ver o video!

 

 

DÍA DO LIBRO

Dende a Biblioteca e co motivo da celebración do Día do Libro, na escola imos celebrar un Vendaval de contos. 

Mestras titoras e especialistas lerán en diferentes aulas e zonas do centro un conto ó alumnado. Viviremos unha experiencia na que nenas e nenos de distintos cursos gozarán dunha actividade conxunta na que aprender, desfrutar e deixar voar a súa imaxinación.

Estades preparadas/os?

COCORICO

O outro día o alumnado de Educación Infantil tivo a sorte de asistir á obra de teatro de COCORICO levada a cabo por mestras da escola. Un bo tempiño no que aprender, descubrir, compartir e... rir moito!

Moitas grazas por esta super actuación e que veñan moitas máis para desfrutar!

CONCURSO CANCIÓNS DE AMOR

A gañadora e os gañadores do concurso das cancións de amor levado a cabo dende a biblio xa teñen os seus biblio euros. 

Moitas grazas a todo o mundo por participar...que ledicia compartir música tan agarimosa!

NORABOA!!!!!!

 

RECOLLIDAS DE XOGUETES

Coa chegada do Nadal dende a Biblio levouse a cabo unha recollida de xoguetes que se doaron á ASOCIACIÓN STOP VIGO.

Moitas grazas familias e profesorado pola vosa colaboración.

 

BO NADAL! 


LECTURAS DE NADAL

Chegou o Nadal e con el as lecturas á biblioteca. Contos, álbumes ilustrados, libros...un recuncho cheo de posibilidades para deixar viaxar a imaxinación coa temática do Nadal.

 

Por outra banda, e tendo en conta o proxecto de Consumo Responsable da Biblio, hoxe parte do profesorado levou a cabo unha represantación teatral do conto "Un juguetito más". O alumnado desfrutou e riu durante un anaco decatándose tamén do importante que é compartir.

 

Grazas profes pola vosa colaboración!

 

"Para viaxar non hai mellor nave que un libro".

 

 

TIMBIRICHE NA BIBLIOTECA!

Durante estas semanas na biblioteca estivemos xogando ó Timbiriche. Nenas e nenos de todos os cursos participaron nun torneo divertido, amigable e espontáneo.

En cada fase ían quedando menos participantes ata chegar hoxe... Á GRAN FINAL!

Estivo moi desputada pero finalmente, con empate técnico, ambos xogadores decidiron repartir o premio. 

Cantas cousas boas nos trae a biblio!

NORABOA E GRAZAS POR PARTICIPAR!

 

 

COÑECE A GRACI E A PORFI

Preme sobre GRACI para ver o video

 

 

CONCURSO SAN VALENTÍN

CONCURSO SAN VALENTÍN

A pasada semana entregamos os premios do concurso de San Valentín. Grazas a todos pola vosa participación.

Preme na imaxe para ver o vídeo. 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut