ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA
Estimadas familias:
Diríxome a vostedes para solicitarlles colaboración nalgúns aspectos relacionados coa materia de Educación Física:
-
É imprescindible e obrigatorio que o alumnado veña ás clases de Educación Física con indumentaria e calzado adecuados para poder realizar as sesión de maneira cómoda e segura.
-
Se en algún momento do curso escolar o seu fillo/a non puidese realizar a sesión de forma activa, rógolles que me fagan chegar a través do titor/a una nota informativa ou, no seu caso, o xustificante médico no que se explique o motivo.
-
A actividade física produce beneficios no desenvolvemento dos nenos/as e é necesario que se adapte ás características de cada un deles. Por isto, solicito de vostedes aquela información que puidese resultar de interese sobre o estado de saúde do seu fillo/a (esta información deberá ser transmitida o titor/a).
-
Hixiene e saúde corporal. Durante este curso que comezamos deberemos cumprir os protocolos establecidos pola Consellería de Educación sobre a crise sanitaria (COVID – 19).
É necesario traer para todas as sesión de Educación Física un neceser ou bolsa de man que inclúa toalliñas desbotables, una toalla pequeña e un botellín pequeño de auga.
É recomendable ademáis traer una camiseta de reposto, aínda que debemos informar de que a día de hoxe non está permitido utilizar os vestiarios do pavillón (as medidas restrictivas poderán ser modificadas ó longo do curso).
Moitas grazas de antemán pola súa colaboración.
Para calquera consulta non dubiden en contactar comigo a través do centro.
Atentamente. Un saúdo
Manuel González Coto. Mestre de Educación Física