Skip to Content

 

PASADO E PRESENTE DA NOSA RADIO

 

A radio escolar Sanguiñeda naceu na nosa escola alá polo ano 1987. Con poucos medios, pero con moita ilusión comezouse a  traballar para poñer en marcha un proxecto que ano tras ano non fixo máis que medrar.

 

Hoxe podemos dicir que a radio é un dos pilares que nos define. A radio está presente en moitos momentos da xornada escolar. A música nos indica a entrada do colexio, o tempo de recreo e tamén o intre de marchar para casa.

 

VÍDEO SOBRE A NOSA RADIO

NO 25 ANIVERSARIO 1987-2012

 

 

Todos os  días hai un programa de radio durante o tempo de recreo, no que participan de xeito voluntario o alumnado de 3º a 6º de Primaria, desenvolvendo tarefas de locutores, de controis de son ou  de correspondentes, segundo o calendario semanal establecido. 

Ademáis ó longo do curso todas as aulas de EI a EP elaboran dous ou máis programas de radio acerca dun tema que traballan e elaboran entre todos na súa aula.

 

Os obxectivos da nosa radio escolar son:

Ø  Achegar o alumno a un medio de comunicación.

Ø  Fomentar a mellora da expresión oral.

Ø  Contribuír á utilización da lingua galega como medio de comunicación.

Ø  Crear unha canle que permita un mellor achegamento ó entorno.

Ø  Contribuír ó mellor coñecemento da nosa cultura.

Ø  Favorecer a creatividade individual.

Ø  Fomentar o traballo en equipo.

Ø  Contribuír ó mellor coñecemento da nosa lingua.

Ø  Fomentar a interrelación persoal.

Ø  Crear un medio de participación e integración na dinámica no Centro.

   

Todos os programas de aula son gravados  para que as familias e alumnado en xeral poidan escoitalos. A música que empregamos na elaboración dos programas de radio están licenciazadas baixo licenza Creative Commons.

 

 



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut