Ed. Musical
XOVES, 21 DE MAIO MÚSICA PARA TOD@S
Bo día !! Pasade, que cabemos tod@s. Hoxe temos que exercitar a memoria e imos xogar ás estatuas. Animádevos !!
E aquí vos queda a actividade do luns, de Anxo, de 2º de primaria.
Moitas grazas, Anxo e familia, por compartir con nós o voso traballo.
MÉRCORES, 20 DE MAIO MÚSICA PARA TOD@S
Bo día. Agudizade o oído. Premede en ESCOITA, e anotade que instrumentos soan. Logo, baixade ao vídeo e podedes ver se adiviñastes eses sons.
Empezamos?
E agora podedes ver o resultado de propostas anteriores.
Anxo mándanos un instrumento que construíron na casa e Sara a cantiga dos tres tempos.
Moitísimas grazas aos dous e ás vosas familias.
LUNS, 18 DE MAIO MÚSICA PARA TOD@S
Bo día, chic@s. Hoxe empezamos a semana cunha visita. Roi nos vai amosar uns instrumentos que non coñecemos...pasade, pasade!!
E agora, que tal se nos mergullamos un pouco e imos xogar aos peixes?
Aquí vos deixo algunhas das vosas propostas destes días. Estades a facelo xenial!!
Moitísimas grazas, familias, por compartir estes traballos!!
VENRES, 15 DE MAIO 1º PRIMARIA
Bo día, nen@s... preparade o corpo, a memoria, a atención, a concentración...e pasádeo moi ben con este tema.
VENRES, 15 DE MAIO 4º PRIMARIA
Bo día, nen@s. Antes de empezar, inventade calqueira instrumento que vos sirva para facer percusión. Logo seguiremos estes patróns rítmicos, que son moi doados. Xa sabedes a duración das figuras...pero tedes que manter o ritmo e sobre todo a concentración.
Tamén vos deixo un video coas vosas prácticas. Samuel practica coa súa irmá...Moitas grazas, familias.
XOVES, 14 DE MAIO 5º- 6º PRIMARIA
Bo día chic@s. Logo destes días tan rítmicos, imos retomar un pouco a frauta para que non a esquezades. Propoño exercitar un pouco a man dereita e imos traballar coas notas máis graves. Déixovos a partitura dunha melodía sinxela e unha pequena guía para que a vaiades traballando. Non esquezades mandarme as vosas habilidades para superar este novo reto.

MÉRCORES 13 DE MAIO 2º PRIMARIA
Bo día,chic@s...o outro día vimos un tema para mover o corpo, con dúas partes. Hoxe temos un de tres ...animádevos a facelo e xa me contaredes...
MÉRCORES 13 DE MAIO INFANTIL
Bo día, peques...lembrades cando xogabamos ás fotos? pois hoxe ímolo facer tamén. Xa sabedes...Os silencios serán a nosa foto...Non vos movades, eh? que vos vixío.
Aquí vos deixo as vosas prácticas.Moitas grazas.
MARTES 12 DE MAIO INFANTIL
Bo día, peques. Como imos hoxe? Se onte vistes como convertir as culleres nun instrumento de percusión, hoxe xogaremos a levarnos a contraria, lembrades?
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »
