Ed. Musical
XOVES, 4 DE XUÑO. MÚSICA PARA TOD@S
Bo día, chic@s hoxe...
TEMOS VISITA.
Roi, o pai de Naia, de 4º de Infantil, nos agasalla... Pasade!!
Moitísimas grazas, Roi...xa vemos que tes unha boa colección de instrumentos.
E agora imos xogar un rato...
Cunhas botellas, xa montamos esta festa. Facédeo e mandádeme o voso xogo.
MÉRCORES 3 DE XUÑO. MÚSICA PARA TOD@S
Bo día, chic@s!!
Hoxe, que tal se lembramos algunha das cantigas que temos feito na clase? Non vos vaian esquecer. Lembrade!!
E vos quedan as propostas que realizaron Sara e Anxo, de 2º
Moitísimas grazas, chic@s e familias.
MARTES, 2 DE XUÑO. MÚSICA E.INFANTIL
Bo día, chic@s... hoxe toca frauta e ritmo....Seguro que o facedes moi ben. Animádevos con esta melodía sinxeliña.
Álex, de 4º de Infantil, fainos esta proposta...adiviñade!!
Moitas grazas, Álex e familia por este agasallo.
LUNS, 1 DE XUÑO. MÚSICA E. INFANTIL
Bo día, peques!! Imos iniciar esta nova semana cun experimento.
Que pasa se enchemos varios vasos con diferente cantidade de auga?
Animádevos a facer esta proposta e mandádeme o voso resultado. Seguro que vos sorprenderá como soan os vasos.
E aquí vos deixo o resultado das propostas que fixeron Sara de 2º, co seu irmán Martín Rozados de 4º de infantil, Claudia, de 5º de infantil e Álex de 4º de infantil...
Moitísimas grazas a todas as familias.
XOVES, 28 DE MAIO MÚSICA 5º / 6º
Bo día, Chic@s. Hoxe remataremos de perfeccionar un pouquiño a man dereita.
Para iso, propóñovos esta melodía sinxela. Premede na partitura
Aquí vos deixo unha pequena guía para que a traballedes por partes. Mandádeme o voso resultado, a ver se conseguides facela. Seguro que si!!
LUNS, 25 DE MAIO MÚSICA E.INFANTIL
Bo día, peques. Se pasastes unha fin de semana estupenda, agora toca agudizar o oído. Aquí vos propoño un xogo con cousas de casa.
Seguro que hai moitos sons que se escoitan por casa, que nos resultan familiares...Por exemplo, como soan as chaves cando abrimos a porta de casa, o batedor cando estamos na cociña, o teléfono que soa...Pois imos xogar a iso... animádevos a xuntar uns cacharriños e...a ver que soa.
E aquí uns exemplo das cousas tan chulas que facedes na casa. Moitísimas grazas, familias...
están a facelo de marabilla.
VENRES, 22 DE MAIO. MÚSICA PARA TOD@S
Bo día, chic@s. Improvisade pronto, que hoxe temos percusión caseira. Imos tocar a batería!! Espero os vosos vídeos, a ver cal montastes vós.
Aquí vos deixo a proposta.
E aquí tedes a visión de Ian de 2º, e a súa irmá Zeltia, de 5º de E. Infantil, que fixeron unha variante moi chula da proposta do martes pasado, "Ritmo con folios de colores"
Moitas grazas, familia!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »
