Ed. Musical

MÉRCORES 15, RETO PARA TOD@S @S QUE SE ANIMEN

ACEPTAS O RETO?

Bo día, Chic@s 
 
Vouvos propoñer un reto para tod@s, dende maiores (que vos resultará máis doado), aos máis pequeniños, que necesitaredes a axuda dos papis,mamis, irmáns...ou ao mellor non.
Seredes capaces de adiviñar e relacionar o son cos instrumentos e as súas familias?
Pois veña, mans á obra.
 
Escribídeme dicindo quen de vós chegou sen fallar nada ata o final...aí vos queda o reto... Que o pasedes moi ben con el.
 
 
RETO Ao entrar na páxina preme na frecha de abaixo á esquerda para reiniciar a actividade e escoitar.Como se indica na imaxe.

BENVIDA,MAIORES UNÍDEVOS COS PEQUEN@S

Bo  día...peques! Abríronnos a porta de novo... Pois aquí estamos...Mirade...

 

 

E despois de presentarnos de novo e de contarvos as miñas aventuras...se ensaiastes a facer as letras...Xa podemos ir ao escenario... Empezamos?

 

PRIMARIA

Bo día,  Como estades? Espero que esteades a gozar duns días de descanso, aínda que toque quedar na casa.
Eu estou encantado, porque estou a recibir vídeos e fotos co resultado das actividades de música que estades a facer. Sorprendédesme sempre. Sodes uns artistas. 
Vou intentar xuntar todo para que tamén poidades ver o que fan @s compis.
E para que a cousa se faga máis levadeira, adxúntovos unha suxerencia que nos fai a familia de Hugo, de 4º de primaria. Moitísimas grazas, familia.
A divertirse.
Unha aperta para todos.
 
 
Mandádeme todas as vosas prácticas,bailes,cancións,as vosas propostas...ao correo 
antontreixadura@gmail.com

INFANTIL

Ola nen@s como estades?

Eu botándovos de menos. Por iso vos deixo un pequeno recordo, para que non esquezades de cantar e xogar estes días...
Agora podedes mandarme o que queirades que vexa da vosa arte a este correo:
antontreixadura@gmail.com
 

CONTA DE CORREO

Ola, familias. Aproveito estes momentos nos que estamos máis relaxados para comentarvos a ilusión que me fai ver que as propostas que vos fixen estes días tiveron unha boa acollida.

Moitísimas grazas polo voso apoio. Aquí seguiremos facendo que todo esto funcione, acurtando as distancias e saltando barreiras, porque o importante é  que @s nen@s  se sintan ben e o leven o mellor posible.

Non deixedes de seguir mandándome todas esas prácticas e actividades que realicedes. Mesmo, a veces, seguro que as mellorades.

Para non saturar o correo do centro, enviádeme a información que queirades á seguinte conta de correo.

antontreixadura@gmail.com

Moitísimas grazas por todo. Seguro que pronto poderemos estar de novo xuntos.

VENRES 3 MÚSICA PARA TOD@S

Bo día chic@s

Como hoxe é o último día do trimestre, se estiveramos na aula, fariamos unha festa conxunta. Así que, se vos animades, déixovos algunhas propostas para que practiquedes tamén nos días de vacacións.
 
 
 
 
TEMPOS DE SOL (INFANTIL)
 
Espero que o pasedes ben e coidádevos moito.
E xa sabedes todo o que practiquedes ou fagades mandádemo ao correo do cole ou ao de infantil.Agradézovolo moito e así tamén sei de vós.
 

XOVES 2 INFANTIL, 1º e 2º

Bos días!Como estamos hoxeee.

Preparados para a clase de música.

Pois aquí vos deixo a proposta de hoxe,a ver que tal.Familias vós tamén.

E xa sabedes mandádeme ao correo do cole ou de infantil(se sodes de infantil) as vosas prácticas e dúbidas.

DON MELITÓN

XOVES 2 DE ABRIL PARA 5º E 6º

Bo día chic@s de 5º e 6º: Hoxe propóñovos unhas actividades de repaso que vos valen para os dous niveis, polo que imos facer a sesión conxuntamente.

Preparados?
Primeiro un reto de lectura musical para que non a esquezades.
A ver se sodes capaces de ir cantando coas notas a melodía que aparece no pentagrama.
 
 
E logo tedes de repaso a familia de instrumentos de vento e metal. Eses tédelos que dominar perfectamente.
 
 
 
Como a semana pasada vimos uns xogos de audición, tamén vos recomendo que voltedes sobre eles. 
Unha aperta, moito ánimo e que pasedes uns bos días de descanso.
Oxalá nos poidamos ver de novo axiña.
 
*Mandádeme as vosas prácticas ou dúbidas ao correo do cole.

1 DE ABRIL MÚSICA 2º

Bos díasss,como estamos? Hoxe toca un pouco de percusión corporal.A ver que tal se vos da.Preparados,listos...e a pasalo ben.

 

KOKOLEOKO

MARTES 31 PARA INFANTIL

Bos díaaasss,hoxe toca moverse.Veña es@s pequerrech@s e tamén as familias.

A ver que tal vos sae.

 

A RASPA

Distribuir contido