Skip to Content

PREMIO PROVINCIAL DE VOZ NATURA 2016-2017

O noso colexio ven de recibir o premio provincial da 20ª edición de Voz Natura. O Comité Científico do programa Voz Natura, promocionado pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, considerou que o noso colexio é merecedor deste premio pola diversidade de actuacións medioambientais desenvolvidas no centro. Este premio é para todos e todas, para toda a Comunidade Educativa, pois premia o traballo levado a cabo durante todos estes anos. Noraboa a todos e a todas! Neste enlace podedes ver a nova na edición dixital de La Voz de Galicia.

Seccións Bilingües

Secciones BilingüesSECCIÓNS BILINGÜES

 

Este programa supón a organización da ensinanza dun área ou materia non lingüística que se cursa dunha maneira bilingüe nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira utilizada como mínimo durante o 50% do horario lectivo.

 

O noso centros conta con Seccións Bilingües nos cursos de 3º a 6º de Primaria na área de Educación Artística: Plástica. En 1º e 2º de Primaria xa somos Plurilingües!

 

As mestras encargadas das seccións son:

 

Nadia Abdulkadir Rodríguez (coordinadora)

Noela Martino Brea e Juan Carlos Noya López 

 

Auxiliares de ConversaAUXILIARES DE CONVERSA

 

 

 

Programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo prioritariamente nos Centros Plurilingües, Seccións Bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas para posibilitar a práctica da conversación oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e acercar o alumnado e profesorado á  cultura do seu país.

Este curso 22-23 o noso centro conta cunha auxiliar de conversa durante 16h, dende o 1 de Febreiro ata o 31 de maio, que compartiremos co CEIP Ramón Cabanillas.

Auxiliar de Conversa: Izabel Anna Niechwiadowicz.

 

Compromiso para realización de auto enquisa diaria

Compromiso para realización de auto enquisa diaria segundo o requerido no Protocolo de Adaptación ao contexto Covid nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021.

 

Pode encontralo aquí.

Pensamentos positivos

Ter pensamentos positivos é unha moi boa forma de axudarnos a nos sentir mellor.

PENSAMENTOS POSITIVOS.pdf

O noso Centro na TVG

Se queres ver o vídeo reciente da TVG dos nosos alumnos, con motivo do Día do Xogo, preme na seguinte dirección:

http://www.crtvg.es/informativos/o-xogo-un-pracer-e-unha-necesidade-para-que-nenos-e-nenas-se-formen-como-individuos-335397

Na Voz de Galicia

O pasado venres 25 de maio o noso colexio tamén saiu na prensa, con motivo de amosar as actividades de medio ambiente, en especial o que estamos a facer no noso horto escolar.

O sono infantil

Cantas horas deben durmir os nenos e nenas? Se queres, vai ao departamento de Orientación, alí falamos do tema.

O sorriso

No Departamento de Orientación comezamos a escribir sobre Habilidades Sociais e empezamos polo sorriso. Queres saber porque é beneficioso sorrir? Pois entra e o saberás...

Distribuir contido


by Dr. Radut