Skip to Content

Consello escolar

MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR 2023/2024

Presidenta:

IRIA CASTRO CORRAL

Xefa de Estudios:

ANA MARÍA CARAMÉS GORGAL

Secretaria:

LAURA GÓMEZ GONZÁLEZ

Profesorado:

OLALLA FONTELA LÓPEZ

Mª CARMEN ANTELO FERREIRO

MARÍA SAMPAYO GARCÍA

ESTHER OLGA CASTRO VARELA

Pais/Nais:

ELVIRA FERNÁNDEZ COUSIDO 

Mª CARMEN CASAL COTÓN

BEGOÑA VILARES GONTÁN

ISAAC VALIÑA LEMA

Rep.AFA

BRAIS PRETO FERNÁNDEZ

Rep. Concello:

MARÍA ROZAS PÉREZ

 

 

 

 

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2021-PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS ELEXIDAS

De acordo co establecido nos Artigos 31º e 51º do Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG do 29), logo da votación para a elección dos representantes das familias e do Claustro para o Consello Escolar do centro, fánse públicas as candidaturas elexidas:

CANDIDATURAS ELEXIDAS FAMILIAS:

  • Casal Cotón, Mª del Carmen
  • Vilares Gontán, Begoña
  • Heybrook, Francis

CANDIDATURAS ELEXIDAS CLAUSTRO DE PROFESORADO:

  • Fontela López, Olalla
  • Calvo Lema, Isabel
  • Antelo Ferreiro, Mª del Carmen

 

REPRESENTANTE DA ANPA:

Faise constar que o/a representante do sector de pais de alumnos, D. Luis Carretero Castiñeira  corresponde á proposta feita pola ANPA do Colexio de acordo co establecido no artigo 39 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21).

 

 REPRESENTANTE DO CONCELLO:

 

 - D. Xan Duro Fernández

 

Poden consultarse os resultados da votación no taboleiro do centro

 

A dirección.

CIRCULAR RECORDATORIA DÍA DAS VOTACIÓNS DAS FAMILIAS

 

CIRCULAR RECORDATORIA DO DÍA DE VOTACIÓNS DO SECTOR FAMILIAS

 

De acordo coa Convocatoria do día TRES do mes en curso, o próximo día 22, luns, en horario de 16:30 a 19:30 horas, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio.

 

Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

1º.- Quen pode votar.

 Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

2º.- Modo de emitir o voto.

 a) O voto será directo, secreto e non delegable.

 b) Os modelos de papeletas facilitaranse no centro.

 c) Cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de tres nomes persoas candidatas relacionadas, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

 

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo xoves, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

Lavacolla, 18 de novembro de 2021

A DIRECTORA DO CENTRO

 

CONSELLO ESCOLAR: RELACION DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO

 

ACORDOS XUNTA ELECTORAL DO 15 DE NOVEMBRO

 

 Primeiro:

 

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais, pais e/ou titores legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do 2 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

 

1.- Adrio Fondevila, Juan Marcos

 2.- Álvarez Antelo, Beatriz

 3.- Casal Cotón, Mª del Carmen

 4.- Casas Castaño, Sergio

 5.- Domínguez Vivero, Ana

 6.- Heybrook, Francis

 7.- Sá Barreto Cruz, Flabia

 8.- Sainz Gracia, Naiara

 9.- Vilares Gontán, Begoña

 

Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a tres pais/nais/titoras legais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous representantes continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018.

 

Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais, pais ou titores legais para o Consello Escolar do 2 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 16 ao 22 de novembro, ambos días inclusive.

 

Segundo:

 Unha vez efectuadas as correccións oportunas, apróbanse e publícanse definitivamente os distintos censos electorais.

 

Terceiro:

 Apróbanse os modelos de papeletas e sobres de votación. Nas papeletas figurará a relación alfabética dos nomes dos candidatos ou candidatas a sinalar cunha  cruz no acto da votación.

 

Cuarto

 Realízase o sorteo dos membros que comporán a mesa electoral do sector de nais e pais ou titores cos respectivos suplentes.

 

O que se fai público para xeral coñecemento.

 

A Directora do Centro

Presidenta da Xunta Electoral

 

CONSELLO ESCOLAR- CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL E PUBLICACIÓN DAS DISTINTAS CONVOCATORIAS

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 21-22

 

Resolución do 20 de setembro de 2021. DOG do 29 de setembro

 

Constitución da Xunta Electoral do Centro, quedando a mesma estruturada da forma seguinte:

1.     Presidenta: Dª Natalia Iglesias González, Directora do Centro.

2.     Vocais:

Dª Ana Álvarez Basanta (mestra)

D. Luis Carretero Castiñeira (pai)

Actúa como secretaria a mestra Dª Ana Álvarez Basanta.

 

A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais, e establece o seguinte calendario electoral:

 

DÍA 3 DE NOVEMBRO:

  • Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesorado, pais/nais e de ser o caso, persoal de administración e servizos.
  • Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados.
  • Envío de escrito ao Concello e á ANPA solicitándolles a designación do seu representante.

 

DO 04 AO 11 DE NOVEMBRO:

·        Prazo de presentación de candidaturas.

 

 

Modelo presentación de candidaturas nais, pais, titores legais (familias)

Modelo presentación de candidaturas profesorado.

 

DÍA 15 DE NOVEMBRO (Celebración da 2ª reunión da Xunta Electoral):

  •  Proclamación e posterior publicación das candidaturas por sectores de representación.
  • Aprobación definitiva dos censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.
  • Aprobación de modelos de papeletas e sobres dos distintos actos electorais.
  • Sorteo público da designación dos membros da mesa electoral.
  • Remate do plazo da reclamación ao censo
  • Claustro informativo.

 

16 AO 20 DE NOVEMBRO:

  • Comezo das distintas campañas electorais.

 

DÍA 22 DE NOVEMBRO: Celebración das votacións de:

  • Profesorado: de 17:30 horas.
  • Pais, nais e titores legais do alumnado: de 16:30 a 19:30h

 

DÍA 24 DE NOVEMBRO: (celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral)

  • Proclamación de candidatos electos.
  • Traslado á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade das copias de actas das votacións efectuadas.

 

DÍA 26 DE NOVEMBRO:

·        Convocatoria para a constitución do novo Consello escolar o 29 de novembro.

 

DÍA 29 DE NOVEMBRO:

  • Celebración de reunión do novo Consello escolar.

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

 SORTEO CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

       De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 29 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do Consello Escolar que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 

       A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

   -A Directora do Centro.

 -  Un profesor ou profesora.

 - Un pai, nai ou titor legal.

 - Un representante do persoal de administración e servizos.

 

       Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público, e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día mércores, 27 ás 10:30 da mañá.

 

       Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

Lavacolla, 25 de outubro de 2021

A Directora.

 

 

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

1.Sorteo Público: Elección da Xunta Electoral

De conformidade co establecido na Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG do 08 de outubro) realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do precedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e integrada por:

  • Directora do Centro: Natalia Iglesias González
  • Unha Profesor/a
  • Nai, pai ou Titor legal

Os dous últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).

Dito SORTEO público, no que se preverá a designación de membros suplentes, será celebrado o mércores día 28 de outubro ás 09:30h no ximnasio interior.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro e poderán seguir nesta mesma web.

Distribuir contido


by Dr. Radut