Skip to Content

Asociación LANDRAS

3ª ENAPA CURSO 2022-2023

 

ENAPAs |   CURSO 2022-23     |       LAVACOLLA

E  S  C  O  L  A    D  E    N  A  I  S    E    P  A  I  S

 

O vindeiro luns 27 de febreiro de 2023 estades convidados a uhna nova formación para familias (Enapa). Jesús Rey Ferreiro vén aimpartirnos o seu coñecemento e experiencias en “PRIMEIROS AUXILIOS: COMO REACCIONAR EN SITUACIÓNS DE RISCO”. Será nunha aula do Ceip (a concretar segundo aforo), de 16:30 a 18:30h.
 
Para que non deixemos de participar por motivos de conciliación, no mesmo horario, pero no pavillón ou pista vermella, teremosn actividade e xogo libre para as nosas crianzas. Agradecemos que completedes o formulario para inscribirvos na formación e na actividade de conciliación.
 
Agardamos vernos para poder aproveitar unha tarde xuntas e sacarlle o máximo proveito a Jesús Rey Ferreiro e aos seuscoñecementos 
 

Jesús Rey Ferreiro é un profesional con máis de vinte anos de experiencia no 061, neste curso ensinaranos a actuar en caso de asfixia, convulsións, reanimación cardio - pulmonar (RCP) e emprego do desfibrilador DESA.

 

 

Financia Imparte Organiza Colabora

061

Jesús Rey Ferreiro

 

2ª ENAPA CURSO 22-23 "XESTIÓN EMOCIONAL: CONFLITOS E CONVIVENCIA NA FAMILIA" CON MERCEDES URBIOLA

 

ENAPAs    |   CURSO 2022-23   |   LAVACOLLA
ESCOLA DE NAIS E PAIS

 

 

O vindeiro luns 16 de xaneiro de 2023 estades covidadas a unha nova formación para fa­ milias (Enapa). Volveráa pedagoga e guía Mercedes Urbiola Uriarte, que vén a impar­ tirnos o seu coñecemento e experiencias en "XESTIÓN EMOCIONAL: CONFLITOS E CONVIVENCIA NA FAMILIA". Será na biblioteca* do Ceip, de 16:30a 18:30h.

 

Para que non deixemos de participar por motivos de conciliación, no mesmo horario, pero no pavillón ou pista vermella, teremos actividade e xogo libre para as nosas crian­ zas. Agradecémosvos que completedes oformulario para inscribirvos na formación e na actividade de conciliación.

 

Mercedes leva moitos anos acompañando á infancia

É peda­goga, formadora de docentese asesora de familias

Axudara­nos a entender como se senten as nosas crianzas, ata ondechega a súa capacidade de xestión emocional e que podemos

facer os adultos para acompañalos na súa emoción.

 

 

 

 

Esperamos q nos vexamos para poder aproveitar unha tarde xuntas e sacarlle o máximo proveito a Mercedes Urbiola e aos seus coñecementos.

 

 

 

 

 

Financia:

Imparte:

Organiza:

Colabora:

 

 

1ª ENAPA CURSO 22-23 "APRENDIZAXE MANIPULATIVA DAS MATEMÁTICAS MEDIANTE OAOA" CON ABELARDO MAZARI

 

ENAPAs    |   CURSO 2022-23   |   LAVACOLLA
ESCOLA DE NAIS E PAIS

O vindeiro mércores 14 de decembro celebrarase a primeira formación para familias (Enapa) deste curso escolar. O enxeñeiro e mestre Abelardo Mazari será o encargado de impartir este taller onde nos explicará as bases da "APRENDIZAXE MANIPULATIVA DAS MATEMÁTICAS MEDIANTE OAOA" , metodoloxía coa que as nosas crianzas traballan nas aulas as habilidades matemáticas. 

Lalo transmitiranos a súa ampla experiencia na materia e abordará as vantaxes da manipulación fronte a aprendizaxes máis abstractas. Será na biblioteca do CEIP de 16:30 a 18:30.                                                                           

 

Para que non deixemos de participar por motivos de conciliación, no mesmo horario, pero no pavillón ou pista vermella, teremos actividade e xogo libre para as nosas crianzas. Nuns días enviaremos un formulario para inscribirse na formación coa actividade.

 

Animávosvos a participar no taller, aproveitar unha tarde xuntos, sacar o máximo proveito dos coñecementos de Lalo e poder entender o día a día das nosas crianzas na aula de matemáticas.

 

 

Lalo leva anos ao servizo da infancia. Enxeñeiro de profesión y mestre de vocación acompañou ao desenvolvemento das crianzas dende os 0 aos 16 anos, impartindo a docencia en países como México, Estados Unidos e agora España. O seu profundo coñecemento sobre o material manipulativo con fins didácticos e das capacidades de desenvolvemento das nenas e nenos en cada etapa                                                                                                                                    permítelle crear a combinación perfecta para que o material se transforme nun verdadeiro medio para o  desenvolvemento facilitando e mellorando as experiencias da aprendizaxe das nosas crianzas.

 

 

Financia:

Imparte:

Organiza:

Colabora:

 

4ª ENAPA “TECNOLOXÍAS e PANTALLAS NAS CRIANZAS” CON MERCEDES URBIOLA

ENAPAs    |   CURSO 2021-22   |   LAVACOLLA
ESCOLA DE NAIS E PAIS

O vindeiro luns 13 de xuño, teremos a cuarta formación para familias (Enapa) deste curso. Voltará a pedagoga e guía Mercedes Urbiola Ituarte, quen ven a impartirnos coñecemento e experiencias en “TECNOLOXÍAS e PANTALLAS NAS CRIANZAS”. Ofreceranos a súa bagaxe coas crianzas e os dispositivos. Será na biblioteca* do Ceip, de 17:30 a 19:30.

 

Para que non deixemos de participar por motivos de conciliación, no mesmo horario, pero no pavillón ou pista vermella, teremos actividade e xogo  libre para as nosas crianzas. Nuns días enviaremos un formulario para inscribirse na formación coa actividade.

 

Agardamos vernos, poder aproveitar unha tarde xuntas e sacarlle o máximo proveito e xugo a Mercedes Urbiola e ós seus coñecementos.

 

A nosa relatora leva moitos anos traballando coas crianzas, a súa educación e o seu desenrolo. Convive a diario coa rapazada mais nova, é formadora de guías, de adultas e asesora de familias. 

Adentarémonos a coñecer o uso adecuado das novas tecnoloxías e o seu impacto real no desenvolvemento cognitivo, físico e social dos nosos fillos e fillas.
Queres coñecer o uso adecuado das novas tecnoloxías?
O impacto que teñen no desenvolvemento e na saúde das túas crías?
Alternativas educativas para levar a cabo?

 

3ª ENAPA "LÍMITES E COMUNICACIÓN POSITIVA CON MERCEDES URBIOLA

ENAPAs    |   CURSO 2021-22   |   LAVACOLLA
ESCOLA DE NAIS E PAIS

O vindeiro luns 30 de maio, teremos a terceira formación para familias (Enapa) deste curso. Será a pedagoga e guía Mercedes Urbiola Ituarte, quen veña a impartirnos coñecemento e experiencias en “LÍMITES E COMUNICACIÓN POSITIVA”. Ofreceranos tanto a súa bagaxe coas crianzas como coas adultas. Será na biblioteca* do Ceip, de 17:30 a 19:30.

 

Para que non deixemos de participar por motivos de conciliación, no mesmo horario, pero no pavillón ou pista vermella, teremos actividade e xogo  libre para as nosas crianzas. Nuns días enviaremos un formulario para inscribirse na formación coa actividade.

 

Agardamos vernos, poder aproveitar unha tarde xuntas e sacarlle o máximo proveito e xugo a Mercedes Urbiola e ós seus coñecementos.

 

 

 

A nosa relatora leva moitos anos traballando coas crianzas, a súa educación e o seu desenrolo. Convive a diario coa rapazada mais nova, é formadora de guías, de adultas e asesora de familias. 
Somos conscientes da necesidade de apoio e orientación na crianza e educación dos nosos nenos.  Sabemos que a formación é moitas veces necesaria pois ninguén máis que os nosas fillas ensínanos a ser pais.
Cada neno e nena son únicos e cada familia tamén. Sabemos que non hai unha soa maneira de facer as cousas.
"Para educar al niño de manera distinta, para salvarlo de los conflictos que ponen en peligro su vida psíquica, es necesario en primer lugar un paso fundamental, esencial, del cual depende todo el éxito: y es el de modificar al adulto"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2ª ENAPA PEDAGOXÍAS ACTIVAS CON EDUARDO BARCA ENRÍQUEZ


ENAPAs     |    CURSO 2021-22    |    LAVACOLLA

E       S       C       O       L       A                            D       E                            N       A       I       S                            E                            P      A       I       S

 

O vindeiro sábado 30 de abril, teremos a segunda formación para familias (Enapa) deste curso. Será o mestre e doutor en psicoloxía Eduardo Barca Enríquez, quen veña a impartirnoscoñecemento e participación en PEDAGOXÍAS ACTIVAS”. Ofreceranos tanto as súas como outras experiencias en proxectos educativos. Será na biblioteca do Ceip, de 11:00 a 13:00.

 

Para que non deixemos de participar por motivos de conciliación, no mesmo horario, pero no pavillón ou pista vermella, teremos unha actividade e xogo libre para as nosas crianzas. Nuns días enviaremos un formulario para inscribirse na formación coa actividade. Tamén teremos un petisco ebebida ó rematar a formación no patio do cole.

 

Agardamos vernos, poder aproveitar unha mañá xuntas e sacarlle o máximo proveito e xugo aEduardo Barca e os seus coñecementos.

 

 

O noso relator traeranos experiencias, exemplos e proxectos de centros de ensinanza con proxectos educativos similares ó do Xixirei ,con anos de percorrido para que poidamos comprender e saber como funcionan. Serviranos para aprender o que as pedagoxías onde as crianzas son as protagonistas poden ofrecer na súa educación e desenrolo. Psicoterapeuta infantil, formador e supervisor de educadores no Master de profesorado da Universidade da Coruña, tamén traballou nos dous centros educativos mais laureados de Galicia, O Pelouro e Peleteiro. Poderemos aproveitar para que nos axude a comprender como os centros de ensinanza guían a evolución, educación e formación das nosas crianzas.

 

                     Financia:                              Imparte:                   Organiza:              Colabora:

 

       

1ª ENAPA RESOLUCIÓN DE CONFLITOS CON SUSANA OTERO

ENAPAS   |  CURSO 2021-22  |  LAVACOLLA

 

O vindeiro mércores 30 de marzo, teremos a primeira formación para familias (Enapa) deste curso.Dende a sociedade de formación ALICCE, virá Susana Otero, psicóloga educativa (e moito mais) a impartirnos axuda e participación en “RESOLUCIÓN DE CONFLITOS”. Daranos ferramentas para acompañar as emocións e malestar das nosas crianzas tanto na escola como na casa. Será nabiblioteca do Ceip, de 17:30 a 19:30.

 

Para que non deixemos de participar por motivos de conciliación, no mesmo horario, pero no pavillón, teremos unha actividade e xogo libre para as nosas crianzas. Nuns días enviaremos un formulario para inscribirse na formación coa actividade.

 

Agardamos vernos, poder aproveitar unha tarde xuntas e sacarlle o máximo proveito e xugo a Susana Otero e os seus coñecementos.

A formación das familias convértese hoxe en día nunha das estratexias crave naprevención dos comportamentos conflitivos nos mozos, da violencia de xénero e da transmisión de valores igualitarios. Para poder axudar aos fillos/ as a afrontar as situacións conflitivas que se lle presenten, é necesario en primeiro lugar coñecer as diferentes estratexias que existen para resolvelos.

 O Programa de Comunicación e Resolución de Conflitos para pais “O reto de educar”,está deseñado para axudar ás familias para afrontar adecuadamente os conflitos e por outra, achegar estratexias e pautas de actuación para a familia que dificulten a aparición de comportamentos conflitivos no/a adolescente.

 

FINANCIA:  IMPARTE:ORGANIZA: COLABORA: 

 

 

CHARLA NO COLEXIO

 

Primeira charla formativa da nosa Escola De Familias (ENAPA)!

 

O vindeiro mércores 27, ás 16:30 na biblioteca do noso centro contaremos con Noa Tilve Cabada para falarnos sobre a visión do sexo para as nosas crianzas. Seguro será moi interesante! Animádevos, estades todas e todos convidados!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut