"@ni & m@te"

Proxecto no que a través de dosu bonecos animados os nenos comparten actividades, esperiencias con nenos doutros países.

LOGOS ANIMADOS DOS XOGOS OLÍMPICOS/Olimpic Games Animated Logos.

04/11/2008 00:00
Atlantic/Bermuda

O cursos pasado foron moitas as actividades que realizamos dentro deste Proxecto , mentras non temos preparado o resumo en imáxenes podedes ir ollando algún dos traballos que os alumn@s de 6º de Primaria fixeron na aula de Informática nas sesións de Plástica. 

 

Proxecto @ni & m@te

                   

Cal é o obxetivo deste Proxecto de animación para nenos?

 @ni e m@te son unha nena e un neno viaxando polo mundo. Son xemelgos. Queren visitar a túa clase, o teu cole, a túa cidade  o país....Por medio de animacións, os nenos mostran o seu contorno , a súa forma de vida, as súas actividades e a súa cultura.

“...Unha visita virtual a cada un dun xeito creativo e divertido, visto a través dos ollos de @ni e m@te...”

Que é o que precisas?

 O primeiro, usas un programa de debuxo para crear un fondo , un esceario onde @ni e m@te poden andar e xogar .Por exemplo Tux paint . Este programa está instalado en tódolos ordenadores da aula de Informática e é de distribución libre polo que podedes descargalo dende casa  ou copialo nun cd ou calquera outro dispositivo de memoria. Tamén podes usar “paint” ou calquera outro programa de debuxo que habitualmente uses no teu ordenador. Se queres poder facer un debuxo con lapis de cores, ceras, acuarelas...ou empregando collage e logo escanealo para poder usalo. Ó gardar  a imaxe ten que ter formato bmp (a profe Mela axudarache si non es quen de facelo).

A única condición e que ti tes que coñecer ben ese esceario/sitio onde transcurre a animación polo que vos pedimos traiades fotos de sitios, espazos (pode ser unha habitación de casa) que ti queiras compartir cós compañeir@s e @ni e m@te para xustificar que a imaxe está baseada na realidade .As imaxes voltarán para casa despois de ser escaneadas e non teñen porque aparecer persoas nela se non queredes.O cole e as actividades que nel desenvovedes, o mar como protagonista de moitos dos Proxectos levados a cabo este ano ,as visitas culturais realizadas ...e a nosa cidade xa quedan documentadas coas fotos destas actividades que aparecen nas galerías da páxina web do cole .

Unha vez creado o lugar só temos que pensar que queremos que fagan @ni e m@te para coa axuda do programa “pívot” (tamén é de descarga gratuita) poder creala.Xa estivemos creando animacións e distintos elementos/figuras para as animacións na aula de Informática e pronto as poñeremos neste espazo para poder compartilas dende casa si queredes facer algunha animación pola vosa conta. Mentras tanto visitade a páxina web do Proxecto e onde aparece a bandeira de España poderedes ver algún dos traballos que lle enviamos ó coordinador do Proxecto Lieven Van Parys.  

Distribuir contido