FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-25

O prazo para a formalización de matrícula vai dende o 20 ao 30 de xuño de 2024.

Documentación a presentar para formalizar matrícula:

  • 2 fotografías recentes tamaño carnet
  • Copia da tarxeta sanitaria
  • Certificado de matrícula (agás alumnado de 4º E. Infantil)
  • En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.

 

NOTA: Os impresos que hai que presentar están nos documentos adxuntos. O cuestionario da lingua materna só o ten que cubrir o alumnado que se incorpora na etapa de E. Infantil

 

 

BENVIDOS Á PÁXINA WEB DO "C.E.I.P. MANUEL VIDAL PORTELA"

Nesta páxina os membros da comunidade educativa do centro informan da súa actividade ao longo do curso.

  Os traballos e informacións sobre actividades poden atoparse nos apartados destinados a cada departemento ou proxecto.  

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

23/05/2017 12:36
Atlantic/Bermuda

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

 

Publicouse no Diario Oficial de Galicia do 7 de maio de 2024 a orde pola que se convocan as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado de Educación Primaria para o curso 2023/2024(Publicado o 20 de Maio)

 

Os anexos I e II para realizar as solicitudes están á vosa disposición no centro.

Enlace para presentar a solicitude a través da sede electrónica https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

Plazo de presentación das solicitudes: do  21 de maio 2024 (MARTES) ata

                                                                     21 de xuño 2024 (VENRES)(ambos incluídos).

 

1º e 2º E.P.:participación nas axudas para adquirir libros de texto e axuda para a adquisición de material escolar

3º e 4º E.P.:participación no fondo solidario de libros de texto e  axuda para a adquisición de material escolar

5º e 6º E.P.:só  pode solicitar axuda para a adquisición de material escolar

 

Membros computables da unidade familiar: ao 31 dec. 2022

1.a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

   b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.

   c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria

       potestade prorrogada ou rehabilitada.

   d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

   e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.

   f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva

      no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.

2. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos

os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.tos do punto anterior.

  Non terá a consideración de membro computable:

a)    A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b)    O agresor nos casos de violencia de xénero.

 

A renda per cápita da unidade familiar :é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2022 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

 

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza,(sumar as casillas 435+460 da declaración renta 2022 e dividimos polo número de membros computables da familia ).  Renta per cápita máxima para recibir axuda: igual ou inferior a 10.000 €

As persoas que non residiran en España no ano 2022 deberán acreditar os seus ingresos no país de orixe mediante nóminas, xustificantes de pensión, xustificantes de rendementos bancarios ou calquera outro documento acreditativo. No caso de carecer desta documentación ou se non obtiveran ingresos deberán presentar unha declaración responsable da unidade familiar.

  • Quen non fixese declaración da renda no ano 2022 porque non estivese obrigado, deberá presentar o certificado tributario de imputacións no exercicio, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar do exercicio 2022. (solicítase na axencia tributaria)

 Documentación a achegar:

- ANEXO I debidamente cuberto.

- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

Para o alumnado de EP e ESO

a) Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.

- Para os seguintes documentos si a persoa solicitante e/ou os membros computables se opoñan a esta

consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificativos:

• DNI ou NIE

• Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia

• Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de

pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou

inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)

- Para a declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, a falta deste, o certificado de imputacións

de renda do exercicio 2022 será necesario o consentimento expreso. No caso de non autorizar a

consulta deberán achegar os documentos xustificativos.

b) Se o solicitante posúe DNI ou NIE:

▪ Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

▪ En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio

regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1

desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e

todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que

acredite a situación familiar.

c) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non

pertenza á Xunta de Galicia.

d) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27

de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de curatela representativa ou de patria potestade prorrogada ou rehabilitada

mentres non se produza a revisión desta medida. no caso que corresponda.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro

de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano

equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan

de DNI e NIE.

En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a

situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2022, agás no caso de violencia de xénero, en que

se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

IMPORTANTE: Todo o alumando que curse 3º e 4º no curso 2023-2024, que participara no programa de Fondo solidario, deberá devolver os libros en bo estado, ao rematar o presente curso na data que será indicada polo centro.

 

Pontevedra, 21 de maio de 2024

SECRETARÍA

AVISO IMPORTANTE

23/05/2017 13:45
Atlantic/Bermuda

Para unha correcta visualización de todos os documentos, debe utilizarse o navegador Mozilla Firefox; tamén se consegue un resultado bastante bo con Google Chrome mais non con Internet Explorer.

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS

 

 

 Todo o alumnado que presentou solicitude de Admisión para o vindeiro curso 2024-25 está admitido.

 Pódese consultar a listaxe a través da aplicación ou no taboleiro de anuncios da secretaría do Colexio

 

Á listaxe definitiva de admitidos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular de dirección territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación

O prazo para formalizar matrícula vai dende o 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

 

 

 

 

Distribuir contido