Blogue da Biblioteca
"Recomendacións para este verán"
Enviado por agueda o Sáb, 04/06/2022 - 12:13Xa están chegando as vacacións e nós xa temos preparada a nosa Guía de Lecturas. Aínda quedan unhas semanas de clase, pero para que vaiades preparando a vosa mochila de praia, río, piscina... sempre cun libro a man!!
Clicade na imaxe para poder lela con claridade:
Letras Galegas
Enviado por agueda o Xov, 26/05/2022 - 12:53Como remate da celebración das Letras Galegas queremos deixarvos o vídeo elaborado durante a montaxe do mural sobre Florencio Delgado. Mural colaborativo feito entre todas e todos, aquí tendes o resultado.
"APADRIÑAMENTOS LECTORES"
Enviado por agueda o Mar, 03/05/2022 - 17:44No mes de Abril, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria leron contos aos de Ed. Infantil, 1º e 2º. Grandes e pequenos desfrutaron dun ratiño todas e todos xuntos no patio. Foi un remate fermoso para o noso Mes do Libro.
"Día do Libro 22"
Enviado por agueda o Xov, 28/04/2022 - 18:12O mes de Abril ten para a biblio un significado moi especial. É o Mes do Libro por excelencia, onde son protagonistas as historias escritas, contadas, cantadas...
Este ano, para festexar estas datas, tivemos diferentes actividades no cole:
- Exposición de fichas técnicas de plantas relacionadas co Horto-Xardín feitas coa colaboración das familias
- Apadriñamento lector dos nenos e nenas de 6º de Primaria co alumnado de Ed. Infantil
- Apadriñamento lector dos nenos e nenas de 5º de Primaria co alumnado do 1º ciclo
- Exposicións de libros na biblioteca
- Contacontos de Raquel Queizás ao alumnado de 5º e 6º de Infantil
Todas e todos desfrutamos moito con elas e O Libro foi o protagonista destas xornadas.
Os nosos proxectos
Enviado por agueda o Sáb, 16/10/2021 - 12:29Na Biblioteca do cole sempre podemos atopar a Piquín, a nosa mascota. É o encargado de presentar cada ano o proxecto común a traballar e vístese segundo o que imos investigar. Ademais, ao longo do curso, vai presentando as diferentes actividades propostas dende a Biblioteca na súa páxina: BIBLIOPIQUÍN
Este curso 21-22 imos con:
Para ver proxectos doutros anos, clicade no seguinte enlace: