"Kids hand in Hand"

Unable to create scaled Thumbnail image.
Proxecto de traballo que ten como tema os sentimentos, as emocións. Nen@s de todo o mundo comparten os seus sentimentos a través de unha imaxe feita cunha man e a utilización de diversos programas Informáticos.

FINALISTAS EUROPEOS DOS PREMIOS E-TWINNING 2008

01/01/2010
Atlantic/Bermuda

equipo de profesor en Rumanía na entrega de premios e-twinning                                                                                                            

O Traballo realizado por alumnado do Centro de Educación Infantil e Primaria para o Proxecto "Kids hand in Hand" acadou o 2º premio da convocatoria deste ano. A conferencia anual eTwinning e a  entrega dos premios europeos celebrouse do 14 ó 16 de marzo de 2008 en Bucarest Rumanía á que foi convidada a profesora coordinadora do Proxecto no Centro.

Os profesores que acadaron os Premios Nacionales tamén viaxaron a Rumanía e recolleron a experiencia nunha Blog na que se presentan e comparten os momentos máis significativos da viaxe. A profe Belén da E.E.I. Vagalume que comparte con nos outros Proxectos é a encargada de poñela a andar.

Na páxina web do Proxecto pódense ver os traballos realizados polos participantes

e as actividades que non aparecen por motivos de espazo pódense atopar no "twinspace", o espazo que o Programa proporciona ós participantes para compartir os seus traballos.  

No Proxecto participaron máis de 25 escolas de 16 países de todo o mundo aínda que na imaxe só aparecen os profesores europeos que participan no Programa e-twinning promovido polo Consello de Europa para impulsar a cooperación entre escolas empregando as novas Tecnoloxías.

O promotor do Proxecto, Lieven Van Parys, fixo unha Presentación resumindo o Proxecto que se recolle na Blog do evento xunto coa da socia Vjlenka Savli.

O servicio Nacional e-twinning entrevistou ás profesoras españolas participantes no Proxecto como podedes ver neste enlace

Os traballos realizados por nosos alumnos que non aparecen na páxina web tamén foron expostos na presentación que pecha o artigo. 

 

 

Distribuir contido