Proxectos e-twinning, "Kids hand in Hand", "Kindergartencrafts", Virtual Growing Books"/Libros que medran virtualmente, "@ni & m@te", Make @ wiz

Unable to create scaled Thumbnail image.

TUXPAINT

Logo de Tuxpaint

 Tuxpaint é un programa de debuxo para nen@s e non tan nen@s de descarga gratuíta. Na páxina de descarga podedes escoller o idioma no que facer a descarga e unha vez descargado configuralo naquel máis adecuado ás tuas necesidades. No cole, nos ordenadores da aula de Informática está en Inglés porque nas sesións de Inglés en Infantil utilizámolo con frecuencia para debuxar seguindo instruccións.Nos ordenadores da biblioteca podelo atopar coas ferramentas e indicacións en galego. Na casa tí eres quen de decidir a língua que queres utilizar.

Non esquezas descarga-los selos que veñen có programa se queres usalos pero nos imos a utilizar nas clases os que creamos coas imaxes que vos fiséchedes.

A continuación podes ver unha presentación de como descargalo e configuralo na casa. Aínda que as pantallas están en inglés tí só tes que seguir os mesmos pasos unha vez que seleccionas o idioma que vas a usar.

  | View | Upload your own

Proxecto @ni & m@te

                   

Cal é o obxetivo deste Proxecto de animación para nenos?

 @ni e m@te son unha nena e un neno viaxando polo mundo. Son xemelgos. Queren visitar a túa clase, o teu cole, a túa cidade  o país....Por medio de animacións, os nenos mostran o seu contorno , a súa forma de vida, as súas actividades e a súa cultura.

“...Unha visita virtual a cada un dun xeito creativo e divertido, visto a través dos ollos de @ni e m@te...”

Que é o que precisas?

 O primeiro, usas un programa de debuxo para crear un fondo , un esceario onde @ni e m@te poden andar e xogar .Por exemplo Tux paint . Este programa está instalado en tódolos ordenadores da aula de Informática e é de distribución libre polo que podedes descargalo dende casa  ou copialo nun cd ou calquera outro dispositivo de memoria. Tamén podes usar “paint” ou calquera outro programa de debuxo que habitualmente uses no teu ordenador. Se queres poder facer un debuxo con lapis de cores, ceras, acuarelas...ou empregando collage e logo escanealo para poder usalo. Ó gardar  a imaxe ten que ter formato bmp (a profe Mela axudarache si non es quen de facelo).

A única condición e que ti tes que coñecer ben ese esceario/sitio onde transcurre a animación polo que vos pedimos traiades fotos de sitios, espazos (pode ser unha habitación de casa) que ti queiras compartir cós compañeir@s e @ni e m@te para xustificar que a imaxe está baseada na realidade .As imaxes voltarán para casa despois de ser escaneadas e non teñen porque aparecer persoas nela se non queredes.O cole e as actividades que nel desenvovedes, o mar como protagonista de moitos dos Proxectos levados a cabo este ano ,as visitas culturais realizadas ...e a nosa cidade xa quedan documentadas coas fotos destas actividades que aparecen nas galerías da páxina web do cole .

Unha vez creado o lugar só temos que pensar que queremos que fagan @ni e m@te para coa axuda do programa “pívot” (tamén é de descarga gratuita) poder creala.Xa estivemos creando animacións e distintos elementos/figuras para as animacións na aula de Informática e pronto as poñeremos neste espazo para poder compartilas dende casa si queredes facer algunha animación pola vosa conta. Mentras tanto visitade a páxina web do Proxecto e onde aparece a bandeira de España poderedes ver algún dos traballos que lle enviamos ó coordinador do Proxecto Lieven Van Parys.  

FINALISTAS EUROPEOS DOS PREMIOS E-TWINNING 2008

01/01/2010
Atlantic/Bermuda

equipo de profesor en Rumanía na entrega de premios e-twinning                                                                                                            

O Traballo realizado por alumnado do Centro de Educación Infantil e Primaria para o Proxecto "Kids hand in Hand" acadou o 2º premio da convocatoria deste ano. A conferencia anual eTwinning e a  entrega dos premios europeos celebrouse do 14 ó 16 de marzo de 2008 en Bucarest Rumanía á que foi convidada a profesora coordinadora do Proxecto no Centro.

Os profesores que acadaron os Premios Nacionales tamén viaxaron a Rumanía e recolleron a experiencia nunha Blog na que se presentan e comparten os momentos máis significativos da viaxe. A profe Belén da E.E.I. Vagalume que comparte con nos outros Proxectos é a encargada de poñela a andar.

Na páxina web do Proxecto pódense ver os traballos realizados polos participantes

e as actividades que non aparecen por motivos de espazo pódense atopar no "twinspace", o espazo que o Programa proporciona ós participantes para compartir os seus traballos.  

No Proxecto participaron máis de 25 escolas de 16 países de todo o mundo aínda que na imaxe só aparecen os profesores europeos que participan no Programa e-twinning promovido polo Consello de Europa para impulsar a cooperación entre escolas empregando as novas Tecnoloxías.

O promotor do Proxecto, Lieven Van Parys, fixo unha Presentación resumindo o Proxecto que se recolle na Blog do evento xunto coa da socia Vjlenka Savli.

O servicio Nacional e-twinning entrevistou ás profesoras españolas participantes no Proxecto como podedes ver neste enlace

Os traballos realizados por nosos alumnos que non aparecen na páxina web tamén foron expostos na presentación que pecha o artigo. 

 

 

Distribuir contido