Responder ó comentario

e-twinning

 

Proxectos Europeos - eTwinning 

Qué é eTwinning?
eTwinning forma parte de Erasmus+, o programa da Unión Europea en materia de educación, formación, xuventude e deporte. O noso obxectivo é promover e facilitar o contacto, o intercambio de ideas e o traballo en colaboración entre profesorado e alumnado dos países que participan en eTwinning a través das TIC. Para coordinar esta acción en toda Europa, eTwinning conta cun Servizo Central de Apoio en Bruxelas e cun Servizo Nacional de Apoio (SNA) en cada país. No caso de España, o SNA localízase no Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Poderás atopar información sobre eTwinning en:

  • ESEP (European School Education Platform)
  • www.etwinning.es (Portal del Servicio Nacional de Apoyo)). 
  • Embaixada eTwinning Galicia.                                                                                                                                                                                  

As representantes en Galicia son Sonia Vázquez Gómez e Patricia Ares Yáñez: etwinning@edu.xunta.gal

Teléfonos:  981 546 545 / 981 546 533 

 

Pódese acceder a titoriais no twinspace  da Embaixada Galega ao que poderás unirte se estás rexistrada na pataforma mandando unha mensaxe a acaquera embaixadora.

 Código de conducta eTwinning

A nosa escola leva participanto en Proxectos eTwinning dende 2007. 

Neste curso escolar estamos a desenvolver o  proxecto Arcimboldo Healthy Art , colaboramos coas escolas  Evangelische Gesamtschule "Philipp Melanchthon" de Alemania coas profes Leslie e Stefanie, a escola  ΝΗΠΙΑΓΩΓΕΙΟ ΜΕΓΑΡΩΝ en Grecia coas profes Anastasia e Athina, a escola Základná škola s materskou školou, Školská 71/3, Lokca en Slovakia coa profe Lenka,eo CEIP Plurilingüe Froebel coas profes Maica, Marta e Cristian.

Para levar a cabo este proxecto, a escola conta cun equipo eTwinning formado por profesorado de todos os niveis e as especialdes de Lingua Inglesa e Relixión Evanxélica.

           Acceso alumnado

Para acceder á parte privada da plataforma o alumnado e familia precisa dunha clave e contrasinal proporcionado polo profesorado.

As actividades planificadas forman parte da planificación anual e contarán con apoio das ferramentas T.I.C como a plataforma Edixgal, Paneis interactivos e portátiles Edixgal e serán desenvolvidas nas distintas materias que forman parte do curriculum de Educación Infantil e Primaria.

Contaremos coas aportacións de expertos que impartirán charlas e talleres para formentar hábitos saudables e mellorar a sáude física e mental do noso alumnado. Esperamos contar coa colaboración das familias unha vez máis como parte fundamental da nosa comunidade educativa.

Responder