Festa de fin de curso
O tempo voa e outro curso vai alá. Para celebrar o ben que nos foi fixemos unha festa na que a ANPA Citania fixo un grandísimo traballo. Velaí un vídeo resumo. Feliz verán!
HISTORIA DUNHA SOBREIRA
O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA REPRESENTOU NO CENTRO CULTURAL A OBRA "HISTORIA DUNHA SOBREIRA" Contaron coa presencia do autor da obra, Ramón Caride. Noraboa polo ben que o fixeron!!!
|
Festival Erasmus +
Para celebrar a visita do profesorado dos outros centros de ERASMUS+, fixemos un pequeno festival no cole. Xusto debaixo podedes ver un anaquiño dalgúns videos. Moitas grazas pola participación.
Parella de pandereteiras
Grupo de pandereteiras
5º e 6º de primaria: Baile galego
4º EP. Amoriños collín
5 anos: Si, si kumbalé
1º e 2º de primaria: Una marea de gente
Charla para familias: O paso de primaria a secundaria 2017/2018
O luns 7 de maio de 2018, tivo lugar unha reunión para as familias do alumnado de 6º de educación primaria para falar sobre o cambio de etapa.
Aquí tedes a presentación que se utilizou para falar sobre este tema e dar algúns consellos.
VIDEOCONFERENCIA COS PAISES SOCIOS.
PARA CELEBRAR O DÍA DA TERRA, O DÍA 20 DE ABRIL CONECTAMOS POR MEDIO DE SKYPE COS PAISES SOCIOS NO PROXECTO TERRA VITA, E MANTIVEMOS UNHA VIDEOCONFERENCIA NA QUE OS ALUMNOS/AS LERON AS FRASES FEITAS POLO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA, DEFENDENDO O COIDADO DO NOSO PLANETA, E OS DEBUXOS REPRESENTATIVOS FEITOS POLO ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA.
A MAXIA DA TECNOLOXÍA FIXO QUE NOS VIRAMOS E NOS ESCOITARAMOS ESCOLAS DE CROACIA, POLONIA, ESLOVENIA, RUMANIA, GRECIA, BULGARIA E ESPAÑA.
Luthiers de 5º de Primaria
O alumnado de 5º de Primaria, coa axuda das familias, creou instrumentos con material de refugallo. A continuación tedes un vídeo no que se pode ver a exposición que fixemos con todos eles.
TROBADORES POLA RÚA
Para celebrar o Día da Poesía, o 5 de abril o alumndo do SINDE saíu polas rúas da Guarda rapeando poemas.
TERRA VITA
VISITA Á ESCOLA DE VUKOVAR (Croacia).
Co fin de poñer en común os traballos realizados nas escolas de todos os paises participantes e de aprender das experiencias dos socios Croatas , durante unha semana tres mestras do centro viaxaron a Vukovar.
Aquí vos deixamos un video resumo da visita.
15 DE FEBREIRO: DÍA INTERCIONAL DO CANCRO INFANTIL.
Día Internacional do Cancro Infantil, que ten como obxectivo sensibilizar á sociedad da dura loita que moitos nenos afrontan a diario contra esa enfermidade.
Hoxe fixemos a actividade que estaba prevista para o día 15 de febreiro e que quedou aprazada por mor da choiva.
O alumnado e os mestres do centro con globos de cor dourada fixeron un lazo no patio, e as alumnas de 6º de primaria, Claudia,Tania e Esther leron un manifesto.
Un guiño de cariño e sensibilización da nosa Comunidade Educativa.PORQUE XUNTOS SUMAMOS!
XA CHEGOU O ENTROIDO!!!
OS BOLECHAS NA DESEMBOCADURA DO MIÑO.
A Concelleira de Cultura fixo entrega aos alumnos e alumnas do colexio do libro de Pepe Carreiro "Os Bolechas na desembocadura do Miño".
Os nenos e nenas agradeceron este agasallo, e o vindeiro 2 de febreiro algúns alumnos do centro asisitiran a presentación do libro na Casa dos Alonsos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »