Ola a tod@s.
Esta é a sesión de psicomotricidade da semana que vai do 1 ao 5 de xuño. Ímola desenvolver por toda a nosa casa e o material que imos empregar é papel, cinta adhesiva de embalar, un balón e un libro. A sesión consta de 5 exercicios:
1) de pé, equilibrámonos durante uns segundos sobre unha perna, despois igual sobre a outra e repetimos aumentando o tempo no que estamos en equilibrio;
2) necesitamos a axuda doutra persoa para colocar o balón sobre a almofada e mover esta por toda a casa sen que caia o balón (cada un colle a almofada por un extremo e o balón vai solto no medio da mesma);
3) pegamos tiras de papel polo chan ou directamente cinta adhesiva de embalar e xogamos a camiñar por riba, sen saír da liña marcada no chan;
4) colocamos un libro sobre a nosa cabeza e percorremos toda a casa sen que caia (non vale agarrar nin tocar o libro);
5) de pé e coas pernas xuntas, baixamos o tronco e tentamos tocar as puntas dos pés (sen flexionar os xeonllos), despois facemos o mesmo coas pernas ben separadas.
O seguinte vídeo axudaranos a entender mellor os exercicios https://youtu.be/0v0RkwugIDY
Saúdos.