SOLICITUDE ADMISIÓN ALUMNADO 2019-2020
Entre o 1 e o 20 de marzo de 2019:
As solicitudes de admisión presentaranse:
- Mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado»,
- No centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado. Modelo solicitude admisión (ED550B)
- Normativa e documentos para solicitude de praza e matrícula:
COMEZAMOS ... O ENTROIDO!!!
ENLACE A RECURSOS SOBRE O ENTROIDO
AQUÍ PRESENTAMOS A NOSA INVESTIGADORA DONA MANUELA RESPINA E AS ORDES PARA ESTA SEMANA:
DÍA DE ROSALÍA NO CEIP MANUEL RESPINO
- O pasado venres 22 de febreiro celebramos no noso centro o Día de Rosalía de Castro con diferentes actividades:
- Os nenos e nenas de Infantil representaron o poema "O moucho" cunha fermosa coreografía.
- Os nenos e nenas de Primaria recitaron e representaron varios poemas de Rosalía: "Vamos bebendo", "Silencio", "Alborada", "Unha vez tiven un cravo", "Un repoludo gaiteiro" e "Campanas de Bastavales"
- Todos xuntos cantamos "Adiós ríos, adiós fontes", na versión de Lucía Pérez.
- Elaboramos un mural colectivo co retrato de Rosalía ao estilo de Andy Warhol.
O
24 DE FEBREIRO: DIA DE ROSALÍA DE CASTRO
Aqui deixamos un video editado polo Equipo do EDLG do CEIP Manuel Respino a disposición de toda a Comunidade Educativa:
Os Bolechas
A Consellería de Medio Ambiente puso en marcha unha campaña infantil para fomentar a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), co fin de que as novas xeracións coñezan a importancia de tratar adecuadamente este lixo. Para axudar nesta importante mensaxe, os Bolechas convertéronse nos Electrecos, superheroes da reciclaxe de RAEE.
Ecocarlos, Ecobraulio, Ecopili, Ecololi, Ecosonia, Ecotatá e, como non, Ecochispa visitaron aos alumnos de 3º e 4º do noso colexio e foron os encargados de explicar de forma amena e moi didáctica pautas e coñecementos para o correcto tratamento dos residuos, ao tempo que recrutan novos superheroes nos centros educativos de Galicia para formar un gran movemento de superheroes da reciclaxe e defensores do planeta.
Xunto coas visitas presenciais, ponse en marcha a área virtual www.oqueseenchufareciclase.gal/osbolechas, con material informativo e didáctico, así como xogos e actividades para que todos os centros educativos da comunidade poidan traballareste tema.
Admisión 2019 - 2020
Entre o 1 e o 15 de febreiro de 2019:
RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO
Segundo se contempla na Orde de 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, artigo 10.2 “o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I” (formulario normalizado ED550A)
Tamén se poderá cumprimentar a reserva través da aplicación admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ que deberán entregar posteriormente na Secretaría deste centro.
A reserva tamén se poderá formalizar na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.
Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Cosme López de A Rúa deberán formalizar a reserva de praza . O prazo de presentación da reserva de praza será do 1 ao 15 de febreiro.
A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Entre o 1 e o 20 de marzo de 2019:
ADMISIÓN
As solicitudes de admisión presentaranse:
- mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado»,
- no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado. Modelo solicitude admisión (ED550B)
DÍA DA PAZ 2019
Os nenos e nenas do CEIP Manuel Respino leron varios manifestos pola Paz.
Tamén prepararon diferentes cancións e cantamos todos xuntos no patio do cole. E aínda non marcharan os Minions da Rúa. Que emoción!!
Pero,sen dúbida, a actividade que máis lles gustou foi a do robot convertidor: convertía as cousas malas en boas!!
Aqui deixamos algunhas fotos do evento.
NADAL 2018
Neste curso 2018-2019 celebramos o Nadal con diferentes actividades, como xa vén sendo habitual. Ambientamos os corredores e a entrada e, grazas a colaboración de familias e alumnado, fixemos unha gran exposición de tarxetas de Nadal.
Visitamos a Residencia Nosa Señora de Fátima de A Rúa para compartir panxoliñas, bailes e cantos cos máis maiores da zona.
No noso centro, profundizamos na figura do Apalpador, un personaxe típico da zona do Courel e dos Ancares, que na Terra de Trives se coñece co nome de Pandigueiro. Estas actividades consistiron na visión de videos, actividades interactivas na Pizarra dixital eos nenos e nenas de 1º, escribironlle unha carta ao Apalpador, que levaron a Correos.
Os días 20 e 21 de decembro ofrecemos as nosas actuacións ás familias, aos mestres e demais compañeiros do centro. Neste festival ofrecemos panxoliñas, obras de teatro, coreografías e... algunha sorpresiña, como o conto que nos contou Paula, nai de Noa de 6º de Primaria: "Los fantásticos libros voladores del señor Morris Lessmore". Foi moi divertido!!!
CESTAS DE NADAL 2018:
CESTAS DE NADAL E NÚMEROS GAÑADORES:
1º PREMIO: Nº 310
2º PREMIO: Nº 605
3º PREMIO: Nº 711
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- seguinte ›
- última »