TOD@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:

25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

 Entre tod@s, educación e respecto

Compartimos unha selección de recursos que seguro vos resultarán interesantes. Tedes películas, curtas, música, guías didácticas e libros que podedes atopar na biblioteca.

Xuntxs podemos! Fonte: http://bibliofortexnvilas.blogspot.com/2020/11/25-de-novembro-todxs-contra-violencia.html

 

 

INICIATIVA ARCO:

 

 

Este ano o noso centro participa no Programa Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO)

dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

 

Esta acción vai encamiñada a mellorar o rendemento académico do alumnado. 

AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS AO ALUMNADO:

 

Axudas mascarillas

 

Axudas para a distribución de mascarillas a alumnado

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

 

Destinatarios:

  • Alumnado de Primaria e Secundaria
  • Ser beneficiacio de axuda de material escolar ou Renda per cápita menor ou igual a 6000€
  • ou ter unha discapacidade igual ou maior ao 65%

 

 

Renda

Datos da Renda do 2018 dividido entre membros computables, tendo en conta que:

  • discapacitados de 33% contan por 2
  • en casos de custodia compartida contan os 2 pais como membros da unidade familiar

 

 

Presentación da solicitude

 

A presentación da axuda farase do 14 ao 25 de novembro no centro docente co modelo "Anexo I" dispoñible en sede.xunta.gal (ED330E)

 

 

NOTA: Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar no curso 2020-21, polo que no precisan facer ningunha xestión.

 

 As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:

a) Solicitude, Anexo I. Dispoñible no centro educativo, na web do centro e no portal educativo, enderezo http.//www.edu.xunta.gal.

b) Anexo II ( Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

c) Copia do Libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e demais membros computables da unidade familiar.

d) No caso de separación ou divorcio deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes publicarase o 30 de novembro unha listaxe provisional de excluídos. Esta listaxe publicarase no interior do recinto escolar. Contra a mesma poderanse formular alegacións no propio centro educativo nos dous días hábiles seguintes.

O 3 de decembro publicarase a listaxe definitiva de excluídos.

Máis info aquí, no DOG.

 

 

DÍAS NON LECTIVOS:

Neste curso 2020-2021 foron propostos como Días non lectivos o 8 de xaneiro e 18 de marzo.

Recordamos que o Día do ensino no presente curso é o luns 7 de decembro.

 

MAGOSTO 2020:

Como ben é sabido, debido a situación de pandemia que estamos a vivir, non podemos desenvolver as actividades conmemorativas como nós quixeramos.

Este curso celebrámolo por niveis, desenvolvendo diferentes tipos de actividades, tendo como eixe central a castaña e o magosto: fixemos manualidades, cantamos cancións, xogos de mesa (como o 3 en raia con castañas, noces e landras), o xogo da oca coa castaña, diferentes dados...), xogos no patio con castañas, unidades didácticas con múltiples pasatempos... Podes ver un breve resumo nesta imaxe:

 

 

Tamén compartimos RECURSOS DO MAGOSTO, picando na seguinte imaxe:

Finde-Celebración del Magosto y Samaín en la zona norte – Galicia Ártabra  Digital

OS NOSOS ESCRITORES: CONTOS DE MEDO 2020

 

CERTAME DE CONTOS DE MEDO:

 

A NOITE DE SAMAÍN. LAIA 2AEP

AS CABAZAS BAILAN. OLIVIA 2A EP

EL NIÑO FANTASMA. MARÍA G 2A  EP

O POZO NEGRO. LEO 2B EP

XOGO DE ESCONDIDAS. SANTI 2B EP

O SAMAÍN. ELSA 2B EP

A BRUXA DE LAROUCO. EMMA 3 EP

UNHA MANSIÓN ENCANTADA. ALBERTO 3EP.

A CASA DE HALLOWEEN. ZOE 3 EP

AS CASAS ENCANTADAS. IVAN 3EP

A CASA DO TERROR. TAMARA 3 EP

O ASESINO. LUCAS 3EP

A CASA EMBRUXADA. AARON 3EP

A ESCOLA ENCANTADA. ROSI 3EP.

O TREN ENCANTADO. NOELA 3 EP

A FESTA ENCANTADA. ADRIAN 5EP

O TESOURO DE CLEOPATRA. MARIA 5EP

O MONSTRO DA TORMENTA. CARLOS 5EP

O SAMAÍN NAVIDEÑO. SILVIA 6EP

 

VIDEO-PRESENTACIÓN SAMAIN - - EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA

- PRESENTACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL:

 

- PRESENTACIÓN EDUCACIÓN PRIMARIA:

 

 

 

AVISO IMPORTANTE SOBRE AS ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

En aplicación da Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adia a celebración das eleccións para a renovación dos membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, queda aprazado o proceso ata nova orde.

LISTA DE INSCRIPCIÓN DE NOVOS COLABORADORES PARA O COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2020-2021:

A partir do luns 26 de outubro abrirase unha lista de inscrición de novos colaboradores voluntarios que reúnan a condición de seren familiares dos alumnos comensais que convivan no mesmo domicilio destes. Dita lista permanecerá aberta ao longo de todo o curso 2020-2021.

Os solicitantes para seren inscritos deberán aportar unha declaración xurada de que conviven no mesmo domicilio que algún dos menores comensais. Tamén terán que entregar un certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais de non ter sido condenado por sentenza firme por delito algún contra a liberdade e indemnidade sexual. Por último, contarán coa autorización do pai, nai, titor legal ou acolledor familiar do alumno comensal co que convivan para colaborar no comedor escolar.

Os convivintes admitidos como colaboradores cesarán na súa actividade voluntaria no comedor escolar no caso de que no centro de ensino se reciba petición de colaborar proveniente de persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou de pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado escolarizado no centro.

Para máis información chamar ao teléfono do centro: 988310631

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer