Prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza para o IES para o curso 2021-2022:

Iníciase o prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza para un centro adscrito (no noso caso afecta ao alumnado de 6º de EP para a reserva de praza para o vindeiro curso 2021-2022 no IES Cosme López).

O prazo abrangue dende o luns 11 de xaneiro ata o luns 8 de febreiro, ambos incluídos.

As solicitudes para a reserva de praza para o IES pódense presentar:

1. De forma telemática a través da aplicación “admisionalumnado” (códigos de procedemento ED550A e ED550B) 

2. Imprimilos ou solicitalos no noso centro e una vez cubertos e asinados presentalos na secretaría do centro para o seu rexistro.

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL VIRTUAL 2020:

Facebook

Que este ano 2020 é diferente, a estas alturas do ano, é sabido por todos e todas, pero desde o CEIP Manuel Respino non queremos deixar de compartir coa nosa Comunidade Educativa un festival que, de non o poder facer de xeito presencial, intentaremos ofrecelo a todos/as de xeito virtual.

Para acceder a cada actuación deberedes picar no enlace do curso que desexades ver. Agradecer a vosa implicación na preparación deste evento e desexamos que vos guste.

ACTUACIÓNS 2020:

- 4º EDUCACIÓN INFANTIL: "DEIXA SAÍR AO NENO QUE LEVAS DENTRO"

- 5º EDUCACIÓN INFANTIL: LA LUZ QUE NACE EN TI

- 6º EDUCACIÓN INFANTIL: A COR DO OSO POLAR

- 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: OS BONECOS DE TATI NUN NADAL DIFERENTE

- 4º EDUCACIÓN PRIMARIA: NADAL EN 4º DE PRIMARIA . FELICITACIÓN DE NADAL

- 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: PÓDESELLE GAÑAR

 

O CEIP MANUEL RESPINO NA TELEVISIÓN DE GALICIA!

O alumnado de 4º de Educación Primaria, nun video editado pola teacher Paula, pregúntanse na súa felicitación conxunta, por exemplo, se a burra da panxoliña vai poder pasar o peche perimetral de Belén cargada de chocolate.

É verdade que este ano Papá Noel e os Reis Magos teñen que restrinxir os contactos e non van poder saudarnos, darnos bicos e caramelos?

Hai que manter as distancias coas persoas da nosa familia que non convivan con nós.

Que importantes son os afectos e a natureza porque xa sabedes que é preferible que vexades os vosos amigos e seres queridos con distancia e coa máscara.

 

Podes ver o video picando na seguinte imaxe:

 

Telexornal Mediodía | Programas | CRTVG

 

VIDEOCONFERENCIA CON PAPA NOEL:

O venres 18 de decembro tivo lugar no CEIP Manuel Respino unha videoconferencia con Papa Noel. Os máis cativos tiveron ocasión de escoitar os consellos que lle deu Papa Noel e tamén puideron pedirlle os seus desexos para este Nadal.

 

7 E 8 DE DECEMBRO - DÍAS NON LECTIVOS

Recórdase a toda a Comunidade Educativa que o vineiro luns 7 e martes 8 de decembro non haberá clases por seren días non lectivos.

O 7 de decembro é o Día do Ensino, asignado pola Consellería de Educación; e o 8 de decembro, por ser festivo nacional.

Boa ponte!

TOD@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:

25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

 Entre tod@s, educación e respecto

Compartimos unha selección de recursos que seguro vos resultarán interesantes. Tedes películas, curtas, música, guías didácticas e libros que podedes atopar na biblioteca.

Xuntxs podemos! Fonte: http://bibliofortexnvilas.blogspot.com/2020/11/25-de-novembro-todxs-contra-violencia.html

 

 

INICIATIVA ARCO:

 

 

Este ano o noso centro participa no Programa Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO)

dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

 

Esta acción vai encamiñada a mellorar o rendemento académico do alumnado. 

AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS AO ALUMNADO:

 

Axudas mascarillas

 

Axudas para a distribución de mascarillas a alumnado

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

 

Destinatarios:

  • Alumnado de Primaria e Secundaria
  • Ser beneficiacio de axuda de material escolar ou Renda per cápita menor ou igual a 6000€
  • ou ter unha discapacidade igual ou maior ao 65%

 

 

Renda

Datos da Renda do 2018 dividido entre membros computables, tendo en conta que:

  • discapacitados de 33% contan por 2
  • en casos de custodia compartida contan os 2 pais como membros da unidade familiar

 

 

Presentación da solicitude

 

A presentación da axuda farase do 14 ao 25 de novembro no centro docente co modelo "Anexo I" dispoñible en sede.xunta.gal (ED330E)

 

 

NOTA: Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar no curso 2020-21, polo que no precisan facer ningunha xestión.

 

 As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:

a) Solicitude, Anexo I. Dispoñible no centro educativo, na web do centro e no portal educativo, enderezo http.//www.edu.xunta.gal.

b) Anexo II ( Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

c) Copia do Libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e demais membros computables da unidade familiar.

d) No caso de separación ou divorcio deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes publicarase o 30 de novembro unha listaxe provisional de excluídos. Esta listaxe publicarase no interior do recinto escolar. Contra a mesma poderanse formular alegacións no propio centro educativo nos dous días hábiles seguintes.

O 3 de decembro publicarase a listaxe definitiva de excluídos.

Máis info aquí, no DOG.

 

 

DÍAS NON LECTIVOS:

Neste curso 2020-2021 foron propostos como Días non lectivos o 8 de xaneiro e 18 de marzo.

Recordamos que o Día do ensino no presente curso é o luns 7 de decembro.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer