O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

"Marzo ventoso e Abril chuvioso, sacan a Maio florido e hermoso”

 

Ola ola caracola!!!

As profes de orientación non paran e hoxe vai de refráns, son algo moi noso, non hai avó ou avoa que non saiba máis de un , así que xa sabedes a quen lle tedes que preguntar e despois a grabalos e envialos e xa non digo máis porque " a bo entendedor poucas palabras bastan".

Bueno temos que lembrar que como estamos a venres tócanos educación física, ciencias e relixión/valores e logo...boa finde e ata o luns!!!

AVISO IMPORTANTE DA ANPA

 

 

A.N.P.A. CEIP LUIS SEOANE

 

Dadas as circunstancias extraordinarias que estamos a vivir, e á espera de novas indicacións por parte das autoridades competentes, este ano non se fará en xuño a reserva de praza de actividades nin de comedor.

A partir de mediados de agosto, como novidad, e para evitar contaxios, este ano a renovación de praza de comedor farase  a través da web de Jardanay.

En canto haxa noticias  iremovos informando no BLOGUE  e na páxina web do colexio.

Estade moi atentos/as por favor

Moitas grazas

 

Que voltan, que voltan...

Ola ola caracola!!!

Non podía ser de outro xeito, os equipos de Boas Prácticas caladiños e quietiños na casa? pois non, xa están a argallar !!! e para empezar, prepárannos este video e logo, bueno bueno a que pensan montar...

Teremos que estar ao tanto.

Hoxe toca inglés, galego e sociais ou naturais e xa sabedes que si entrades na web de orientación atoparedes actividades divertidas e retos que serven para todos e todas así que, a animarse e, a contarnos todo o que ides facendo que nos encanta recibir noticias vosas.

 

Tema musical : Chantilly Autora. Silvia Penide

 

Ábrese o prazo de solicitude do fondo de libros e material escolar

 

Ola ola caracola!

Cómo vai indo a semán?  hoxe toca educación física, mate e lengua , a traballar con ganas que o curso segue e xa non queda nada.

Sabemos , porque asi o estades dicindo, que iso de vervos bailando a muiñeira está gustando e moito . Hoxe voltade a mirala porque onte non a virades ben e, de seguro que alguén se vos despistou, a que si???

 Bueno familias pois a partir de hoxe xa podedes solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar. Clic aquí 

O prazo de presentación de solicitude é ata o 19 de xuño do 2020 incluido. Dada a situación actual e como medida de seguridade recomendamos a solicitude por vía telemática. clic aquí

Se tedes algunha dúbida xa sabedes, no centro atendemos presencialmente sempre con cita previa. A atención telefónica é de 10.00 a 13:00h no 981617130 e permanentemente no 676727505.

Seguimos en contacto... sorte e moito ánimo!!!

 

 

 

Martes Seoaniñan!!!

Ola ola caracola!

Hoxe é un martes especial, chamámoslle Seoaniñán porque é un Día noso. Canta emoción sentimos cos vosos envíos da muiñeira, que gusto ver tantas caras queridas e coñecidas e, non so os nenos e as nenas, tamén en moitos casos pais, nais, avoas...que ledicia !. O resultado tédelo ahí abaixo a profe Ana e Lourdes fixeron a montaxe e todos e todas con Gloria, Rosa, Belén e tamén Manuel estabamos impacientes por ver o resultado e ... velaí vai!!!

 

 

Luns 18 de maio¨Día internacional de los Museos¨

Ola ola caracola...

Co tema “Museos pola igualdade, diversidade e inclusión”, o Día Internacional de los Museos 2020 #DIM2020 ten como objectivo convertirse nun punto de encontro para celebrar a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos, así como promover ferramentas para identificar e superar os prexuizos sobre o que os museos amosan e as historias que contan.

 

A pesar da actual situación, o #DIM2020  celebrarase mediante a organización de actividades dixitais e en línea, asi que hoxe,  na aula virtual do cole e despois de facer as actividades que tocan para o luns que son Música, Lengua Castellana e Matemáticas invitámosvos a visitar un dos museos mais famosos e mais valorados do mundo , o Museo del Prado que, de seguro vai resultar unha experiencia fantástica. Xa nos contaredes...

 

 

 

 

Lembranzas!!!

 

17 de MAIO DO 2020 " DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

Ola ola caracola !

Ahí vai o video do 17 DE Maio Día das Letras Galegas do 2019 que tan ben o celebramos no noso cole e hoxe asi estamos quen no lo diría pero, ahí vamos e vamos ben que de aquí sairemos mais unidos e mais fortes.

Que gusto da vervos ahí! Cantas cariñas queridas , algúns xa están no instituto pero seguro seguro que se lembrarán deste día. Pois a pasar un domingo feliz con sentidiño e mañán vémonos que haberá sorpresas...o equipo de "BOAS  PRÁCTICAS" estase movendo... uy uy que tramarán...

 

Remata a semán !!!

     Ola ola caracola...

Siii remata a semán, a das letras galegas o domingo é o día grande 17 de maio, como este curso non estaremos xuntos buscaremos fotos do pasado para colgalas e recordalas.

Hoxe temos educación física, ciencias e relixión/valores e logo, cando rematedes anímovos a entrar neste libro dos Bolechas sobre actividades das Letras que de seguro vos gosta, (clic aquí)

Temos tamén unha actividade da Real Academia da Lingua Galega "Fedella Carvalho" (clic aquí) ,que non ten mala pinta. Bueno, xa vedes,  podemos ter unha finde ben entretida e ... non esquezades enviade os vosos traballos e , mañán aquí lembraremos o que fixemos o curso pasado xuntiñ@s.

Agora a seguir con "sentidiño" moitos bicos virtuais para todas e todos.

 

 

 

 

 

A camiño longo, pasos pequenos

 

Ola ola caracola!

Así despaciño e con boa letra ou con pasos pequenos porque o camiño é longo, temos que ir levando esta situación que nos tocou vivir . Hoxe xa é xoves 14 de Maio e  estamos rematando a semán. Neste cole virtual que agora temos, traballaremos inglés, galego e natu ou soci . A ver que ben o facedes e comentade cos profes que están desexando saber que as cousas vos van saindo .

Non sei si veríades varias actividades chulas que andan pola web e piden a vosa colaboración, aconséllovos que naveguedes por todos os recunchos. Mirade:

Na biblioteca anímannos a enviar un video dun poema, para iso clic aquí ,

En orientación  pídennos participar nun "escape game de Oleiros" para iso clica aquí,

Na biblioteca de infantil anímannos a facer un conto encadeado, clica aquí

e,  non podemos esquecer a nosa muiñeira que estamos na semán das LETRAS GALEGAS e para iso clica aquí.

Bueno, por propostas divertidas non será eh? , tamén tendes que ir preparando refráns que hai sorpresas...

¡ Ata mañán !

Feliz Mércores...

 

 

 

Ola ola caracola!

Xa mércores, que rápido pasan os días eh?. Hoxe toca educación física, matemáticas e lengua castellana. Non esqueades comentar cos profes todo o que vades facendo e tamén o que non sabedes ou non podedes facer. É importante falar con eles para que saiban como vos van indo as cousas.

Na web de orientación aparece hoxe unha entrada para as familias sobre "A Resiliencia"(clic aquí)  que ven sendo a forza que temos para levantarnos despois dunha caída, e nestes momentos boa falta nos fai aprender moito sobre diso e sobre iso tamén vai o video que vos puxen a continuación que espero que vos goste.

Ata mañán!

 

 

Distribuir contido