Feira de Polos Creativos na Cidade da Cultura
Enviado por admin4 o Lun, 06/05/2023 - 11:22
Este venres, o noso centro foi convidado á Cidade da Cultura, xunto con outras escolas de Galicia, para amosar na Feira de Polos Creativos, as actividades desenvolvidas nos Venres Creativos.
Asistiron dúas mestras acompañadas de 5 nenas e nenos de 4º - 5º - 6º de primaria, que expuxeron os detalles da iniciativa aos membros dos centros que se achegaron ao noso posto expositivo.
A experiencia foi realmente enriquecedora, tanto para o profesorado como para o alumnado e a acollida do proxecto, moi positiva.
Compartiremos nesta web un resumo detallado dos venres Creativos ao finalizar a última sesión do curso, o vindeiro 16 de xuño. Estade atentas/os!