ESCOLA DE FAMILIAS

Vos esperamos a todos o luns 4 de decembro ás 16:00 horas no ximnasio do colexio para asistir a esta interesante charla de Mar Penela. Non volo perdades!

Charla Mar Penela

CERTIFICADOS DE MATRÍCULA

Este curso Abalar trae como novidade a posibilidade de descargar o certificado de matrícula dos vosos fillos cando o precisedes, xa que agora vén asinado dixitalmente, polo que non precisa de sinatura nin selo. Este certificado é o que vos solicitan para as bolsas do Concello, a tarxeta de Vitrasa, estranxeiría e demais. Este trámite só se poderá facer a través do ordenador, non dende a aplicación do móbil, e é preciso contar con Chave365 ou certificado dixital

Os pasos a seguir son:

- Entrade no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/abalar

- Identificádevos coa Chave365 ou co certificado dixital

- Unha vez dentro pulsade "Ver alumno".

- A continuación buscade a opción "Descaragar documentos".

- Onde aparece "Certificado de matrícula" pulsade enriba de PDF.

- Arriba de todo, buscade a icona "Buzón de informes" (ás veces hai que volver a identificarse) e alí atoparedes o documento para descargar.

A continuación podedes ver un pequeno titorial para facer a descarga do certificado.

Por suposto, sempre podedes acudir á secretaría do cole para calquera dúbida ou se non sodes quen de descargalo.

 

 

Semana da ciencia

Celebrando a Semana da Ciencia, fixemos unha chea de experimentos que nos levaron a plantexar numerosas hipóteses. Podedes coller na nosa biblioteca unha morea de libros de experimentos científicos que vos terán moi entretidos!!!!

 

Obradoiro: "Xogos de mesa"

Hoxe tivemos un obradoiro moi divertido, que nos pode dar moitas ideas de xogos para pedir aos seres máxicos do Nadal. Agora xa coñecen como se xoga a polo menos 6 xogos. Temos moitas gañas de repetir este obradoiro!!!!

Plantamos landras

Coa chegada do outono, chegou tamén a época da plantación. Xa aprendimos a seleccionar as landras que teñen posibilidades de xerminar e as que non. Ademais queremos recomendarvos 2 contos que poden acompañar esta actividade tan divertida que fixemos na mesa de experimentación: "O carballo con botas" e "Xaime e as landras", sen esquecer todos aqueles de horta que temos na nosa biblioteca.

Agora agardamos con impaciencia o nacemento dos nosos pequenos carballiños!!!!

A bruxa enrabechada

Trasnos e trasniños do club de lectura, fixeron unha obra de teatro baseada no conto "A bruxa enrabechada", unha historia  de bruxas que pelexan e aprenden a resolver os problemas da mellor maneira posible. GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOA IMPLICACIÓN!!!!!!

 

Residencia O Lecer

O alumnado de 5º EP tivo a sorte de ser convidados e convidadas ao magosto celebrado na Residencia O Lecer. Os residentes estiveron emocionados contestando a todas as súas cuestións. Botáranos de menos e por iso os convidaron para moitas actividades máis.

Samaín 2023

Un ano máis gozamos dun monstruoso Samaín no CEIP Josefa Alonso!!! Que sorte temos de contar cunhas familias estupendas que chearon o cole coas súas cabazas e manualidades terroríficas e cunha ANPA máis que creativa que ambientou todo para deixalo arrepiante!!! Ademais contamos coa axuda da bruxa Iria que viu contar contos terroríficos e cos nosos alumnos de sexto que traballaron moito para deleitarnos cunha magnífica e á vez tenebrosa obra de teatro. Que ben o pasamos!!!

 

Día das bibliotecas

O 24 de outubro celebrouse o Día das bibliotecas escolares, e nós arrancamos coas nosas mochilas viaxeiras. Están cheas de historias, curiosidades, divertimento, ilusión... Agardamos que gocedes moitísimo delas!!!!

Concurso Escola en camiño

Os participantes do concurso "Escola en Camiño" de Faro de Vigo, recibiron esta semana o seu premio de mención especial na categoría de infografías. O debuxo de André ben mereceu o seu premio. Noraboa, artista!!!!!

Distribuir contido