Pediculose

Estimados pais:

 

A aparición de brotes de pediculose (piollos) en escolares é un feito habitual nos comezos de curso, polo que lles rogamos que lean atentamente estas liñas.

 

    RECOMENDACIÓNS PARA EVITAR A PEDICULOSE

Os piollos da cabeza pasan facilmente dunha persoa a outra, polo que é moi importante manter medidas hixiénicas adecuadas.

  1. Lavar con frecuencia o pelo

  2. Peitealo e cepillalo diariamente

  3. Revisar frecuentemente a cabeza dos nenos (sobre todo detrás das orellas e da caluga)

  4. Limpar peites e cepillos con frecuencia

  5. Non intercambiar obxectos como peite, gorros etc.

TRATAMENTO NO CASO DE PEDICULOSE

Se descubrimos a presencia de lendias ou piollos, é necesario:

 

  1. Solicitar ao farmacéutico unha loción antiparasitaria e seguir as súas indicacións.

  2. Os peites, adornos do pelo, etc. deben somerxerse na loción antiparasitaria. A roupa toallas etc. débense lavar con auga quente.

  3. Deberán ser revisados todos os que conviven co neno/a parasitado para poñer tratamento sempre que se detecten lendias ou piollos.

MOI IMPORTANTE: Se tratarán con xampú ou loción antiparasitaria as persoas que estean infestadas ,os tratamentos indiscriminados poden ser perigosos.