Instrucións para determinar a promoción do alumnado do CEIP JOSEFA ALONSO DE ALONSO no curso académico de 2018-2019.

Instrucións para determinar a promoción do alumnado do CEIP JOSEFA ALONSO DE ALONSO no curso académico de 2018-2019.

 

O Equipo Docente do CEIP JOSEFA ALONSO DE ALONSO tal e como se recolle na ORDEN de 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, establece as seguintes pautas para determinar a promoción do seu alumnado:

 

1.            Ao final de cada un dos cursos, e como consecuencia do proceso de avaliación, o Equipo Docente do grupo, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a promoción do alumnado. A decisión adoptarase de forma colexiada, tendo en conta os criterios de promoción establecidos no centro e tomando especialmente en consideración a información e o criterio do titor/a e do Departamento de Orientación para coñecer aspectos de índole emocional.

 

Os criterios a ter en conta para o Equipo Docente do Ceip Josefa Alonso son:

 

O alumnado promocionará ao curso seguinte agás nos seguintes casos:

 

o        Con dúas materias instrumentais (lingua galega, lingua castelá e matemáticas) suspensas. Coa proba obxectiva de mínimos esixibles do curso correspondente suspensa. Devandita proba será administrada e avaliada por un docente que non lle dea clase ao alumno/a coa finalidade de ser o máis obxectivos posibles.

o        Con tres materias suspensas non instrumentais.

o        Cunha materia instrumental suspensa e dúas non instrumentais. Coa proba obxectiva de mínimos esixibles do curso correspondente suspensa. Devandita proba será administrada e avaliada por un docente que non lle dea clase ao alumno/a coa finalidade de ser o máis obxectivos posibles.

2.            A decisión tomada polo Equipo Docente será informada aos titores legais do alumnado.

3.          O alumno terá acceso ao curso ou á etapa seguinte cada vez que se considere que logrou a progresión adecuada nos obxectivos fixados e que alcanzou o grao adecuado de adquisición das competencias correspondentes.

Os informes das avaliacións individualizadas do terceiro ano de educación primaria e do final da educación primaria teranse en conta, de ser o caso, de acordo coa súa natureza informativa e orientadora, de acordo co establecido no artigo 12.8 do Decreto 105/2014, de 4 de setembro, que establece o plan de estudos de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

4.             Cando un estudante non promocione, deberá permanecer un ano máis no mesmo curso. Esta medida pode ser adoptada só unha vez durante a etapa e debe ir acompañada dun plan específico de reforzo ou recuperación e apoio.