Biblioteca

Mochilas viaxeiras

Polo día das bibliotecas escolares, os axudates e as axudantes de biblio fixeron unha fermosa labor. Levaron a cada aula as mochilas viaxeiras coas que cada discente poderá gozar de animadas lecturas e material audiovisual durante aproximadamente 15 días. Foi toda unha sorpresa esta presentación!!!!

Agardemos que gocedes moito das lecturas das mochilas viaxeiras!!!!

 

Samaín na biblioteca

Deixámosvos unhas lecturiñas que meten medo!!!!

Misterios do universo

O alumnado de 4º EP tivo unha sorpresa moi estelar. Baixo un líquido negro rodeado de estrelas, atoparon unhas pistas sobre os planetas do Sistema solar. Gustoulles moito esta aventura que vos recomendamos probar na casa, igual que ler o libro "Misterios do universo" que podedes coller na nosa biblioteca e gozar tanto coma eles e elas.

Giuseppe Arcimboldo

Coa chegada do outono, que mellor maneira de traballala que coa mesa de luz!!! Dende a biblioteca conseguimos o libro de Giuseppe Arcimboldo co que traballamos en plástica os nosos retratos con froitas e verduras. Mirade aos rapaces e rapazas de 4º EP que chuladas fixeron!!!!

Reunión club de lectura

Trasnos e trasniños!!!! Comezou o club de lectura!!!!! Cantas ganas tiñades de ler e comezar as nosas aventuras xuntos/as!!!! Os primeiros libros a ler estaban ben agochados, uns baixo as follas do "Corazón do bosque" e o resto baixo a protección do paraugas no "País da choiva". Agardamos impacientes esas merendas temáticas tan ricas que nos ides preparar para compartir as lecturas. Agardo que vos gusten moito estes libriños. Gozade da lectura!!!!!!

 

Recolleita

CLUB DE LECTURA: BAUTISMO DE MAR

Bicos e non balas

Como clausura do club de lectura do curso 21-22, limos o libro de Antonio García Teijieiro "Bicos e non balas", que tamén ven ao caso do momento que se está a vivir pola guerra en Ucrania.

Este libro permitiu achegar ao alumnado aos poemas de Teijeiro que non len habitualmente. Houbo varios poemas que lles gustaron moito polo que vos convidamos a que leades os das páxinas 14, 15, 22, 23, 45 e 47.

Quedámonos con frases como "Non se me ocorre mellor símbolo para a paz que a imaxe dunha persoa de calquera idade, de calquera país, lendo un libro".

Como actividade final fixemos preguntas abertas:

Se foses un animal con quen te identificarías? Algúns co gato da "Sta. Bubble", outros con Caramelo, outros cos esquíos do "Aroma do Liquidámbar"...

Se foses unha cor...? Serían a cor ocre, vermello, carmesí.

...

Agardamos que sigan lendo tanto ou máis como ata o de agora!!!!

Me llamo Shakespeare

Con este libro entendimos a razón pola que se celebra o Día do Libro e tamén a biografía do dramaturgo máis famoso de todos os tempos, William Shakespeare.

Tivemos unhas tarxetas con preguntas sobre curiosidades de Shakespeare e sobre as propias vivenzas que deron moito de si!!!

O aroma do liquidámbar

Este libro tróuxonos á memoria os aromas de cousas que nos lembran momentos e persoas importantes para cada un.

Algunhas frases coas que quedaron foron:

Martín: "Bicos de menta", "Dame un chisco de mágoa, avoa".

Daniela: "As guerras só traen pesadelos".

Fabián: "Ninguén te quere máis ca ela".

Manuela "Porén non me esquecín de que tiña un mundo".

"E dispón dun herbario a xeito de dispensario onde a xente da aldea pide xaropes e receitas".

"Estades cheos de prexuízos e hipocresía, e un neno que se cría na mentira será un mentirán".

Algúns dos aromas que lles gustan e chaman a atención son: gasolina, cheiros fortes, pintura, lavanda, herba luísa, nrosas, aloe vera...

Distribuir contido