Biblioteca

O desencantamento

Breixo quere recomendarnos este libro tan chulo que trata de mouras de Galicia!!!

 

Alma de elefante

Baixo a alma dun elefante e dunha bolboreta, agochábanse as novas lecturas dos "trasniños." Estaban emocionados!!! Agardo que poidades gozar moito desta nova aventura literaria. Vémonos na vindeira reunión!!!

25-N

Para conmemorar o 25 de novembro, dende a biblioteca propuxemos unha actividade de reflexión co alumnado de infantil e primaria deixando a súa pegada nuns carteis moi chulos que colgaron ás portas do colexio. Nestes carteis se poden ler diferentes frases e palabras, extraídas dalgúns libros traballados previamente nas aulas, e outras de inspiración propia referidos á violencia de xénero. 

Novidades de outono

No corazón do bosque

Xa temos a próxima lectura entre as mans, agardamos que vos enganchedes tanto como os trasniños de 5º EP. Agardamos esas merendas ricas ricas inspiradas nesta lectura!!!!

 

Reunión do club de lectura

Trasnos e trasniños, gozaron das primeiras lecturas "O país da choiva" e "En el corazón del bosque". Para compartir as súas opinións sobre os libros fixeron unhas merendas deliciosas!!!! MOITAS GRAZAS!!!!

 

Obradoiro de estrelas

O alumando de 4º EP, tivo a sorte de facer un obradoiro de costura coa colaboración de Mary. Todo xurdiu dende o "Libro das avoas" que dende a biblioteca recomendamos a todos e todas!!!!

Elaboraron unhas estreliñas de tea, para adornar a árbore de Nadal das persoas tan especiais que van visitar no vindeiro mes...

 

Entrevista a Susana Rodríguez Gacio

LECTORES DE 3 ANOS

Mirade como gozan das lecturas os nenos de 3 aniños!!!!

Club de lectura

Trasnos e trasniños!!!! Xa temos data para a seguinte reunión do club de lectura!!!! Non esquezades os recados que vos deixou Josefina!!! Agardamos esas merendas e as vosas opinións sobre as primeiras lecturas deste ano. Vémonos a vindeira semana!!!

Distribuir contido