Biblioteca

LEGO

O noso alumnado xa puido empezar a gozar da nova parede Lego!!!! Xa fixeron as súas primeiras construcións!!! Non teñen nada que envidiar aos grandes arquitectos!!!!!

Club de lectura

Trasnos e trasniños reuníronse para falar das súas lecturas. Nesta ocasión os trasnos de 4º e 6º EP falaron do libro "Alma de elefante" e recibiron uns sobre especiais... "O carteiro de Bagdad".

Os trasnos de 5º EP, compartiron merenda e opinións sobre o libro "O carteiro de Bagdad" e recibiron un libro moi especial que estaba na nosa "lagoa" particular "A lagoa das nenas mudas".

 

Josefina presenta...

Aquí tedes todas as novidades que o equipo de biblioteca organizou para os nenos e nenas do Ceip Josefa Alonso. Poden gozar dunha parede lego, recuncho sensorial, zona de lectura, recuncho de manualidades, recuncho TIC e amplas mesas de traballo!!!!!

CONTOS NO PAÍS DA CHOIVA

Este sábado na biblioteca Juan Compañel podedes gozar duns contos fermosos co autor do libro "O país da choiva". Os nenos e nenas do club de lectura coñéceno moi ben. Non dubidedes en apuntarvos e coñecer estes contiños!!!!!

OS NOSOS MARES

Este venres, ás 18:00 podedes acudir ao contacontos "Os nosos mares" de xeito gratuíto en "Libros para soñar" na Rúa Triunfo 1.

 

 

LEDICIA COSTAS

O día 23 de febreiro podedes coñecer á autora de "A Señorita Bubble" na libraría "Libros para soñar" onde presenta o seu último libro.

 

O ENTROIDO EN GALICIA

O equipo de biblioteca en colaboración coa aula de 4º EP elaboraron este mapa de Galicia cos personaxes típicos do noso Entorido. Podedes localizar aos Merdeiros, ás Pantallas, aos Peliqueiros, aos Cigarróns...

Obradoiro de papiroflexia

Na biblioteca tivemos a sorte de contar cun obradoiro moi interesante de papiroflexia dinamizado por Lucas e Anxo. Fixeron unhas cometas que de seguida botaron a voar no patio!!!!

Poesías

O alumnado de 4º EP estivo a traballar a poesía cuns libros moi chulos que atoparon na biblioteca do cole. Animámosvos a lelos e a que vexades o ben que as recitan!!!

O carteiro de Bagdad

Trasnos de 5º EP e trasnos de 4º e 6º EP xa recibiron a correspondencia dunha carteira moi especial, Josefina. Estas cartas están cheas de historias que de seguro compartiremos cunha boa merenda na seguinte reunión do club de lectura. "Alma de elefante" e "O carteiro de Bagdad", son os libros cos que están a gozar agora mesmo trasnos e trasniños da biblioteca.
Agárdovos na seguinte reunión!!!!! GOZADE DA LECTURA!!!!

Distribuir contido