Secretaría |
Publicado no taboleiro interior do centro a listaxe provisional do Fondo Solidario de libros de texto (3º,4º,5º e 6º EP). Tamén poderedes consultar as axudas para adquisición de libros de texto para o alumnado de 1º e 2ºde EP e as axudas para a adquisición de material. No caso de reclamación, contades cos dous días seguintes á publicación. |
|||
No arquivo adxunto poderedes descargar a listaxe de libros de texto para o curso 2022-2023. |
|||
A formalización de matrícula comezará o día 20 de xuño e rematará o día 30. O colexio porase en contacto vía telefónica con todas familias para a reserva de cita para tramitar a matrícula. A documentación que tedes que aportar é a seguinte: - Folla de formalización de matrícula (podedes descargala no arquivo adxunto) - Fotocopia da cartilla de vacinacións. - Fotocopia da tarxeta sanitaria. -Certificado/informe médico. - 2 fotografías tamaño carnet. |
|||
· Fondo solidario de libros: alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
· Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
· Axudas para adquirir material escolar: alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria DOCUMENTACIÓN:
· Modelo de solicitude Anexo I e II disponible na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ (dende o centro entregarase unha solicitude a cada unha das familias de Primaria)
· Copia Libro de familia.
· En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Prazo de presentación: Do 19 de maio ao día 22 de xuño (este incluído)
Forma e lugar de presentación Unha vez cuberta a solicitude (unha por familia), poderase presentar do seguinte xeito:
· Presentación no centro. Luns e martes de 8:50h a 9:35h. Mércores, xoves e venres de 13h-13:40h.
· Presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia (necesario dni dixital ou chave 365) No arquivo adxunto atoparedes máis información |
|||
INFÓRMASE A TODAS AS PERSOAS QUE SOLICITARON PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023 QUE APARECEN COMO ADMITID@S NA LISTAXE DEFINITIVA PUBLICADA NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO. PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ABRIRASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DO 20 DE XUÑO AO 30 DE XUÑO. NO MES DE XUÑO, O CENTRO PORASE EN CONTACTO COAS FAMILIAS PARA O ESTABLECEMENTO DE CITAS. DÍAS ANTES DA APERTURA DO PRAZO, PUBLICARASE NESTA WEB A DOCUMENTACIÓN E IMPRESOS A CUMPLIMENTAR. BENVID@S Á NOSA ESCOLA! |
|||
Infórmase que xa está publicada no taboleiro interior do centro a listaxe provisional de admitid@s para o vindeiro curso 2022-2023. Todas as solicitudes presentadas foron admitidas. Seguindo o calendario do proceso de admisión, a listaxe definitiva será publicada antes do 15 de maio. |
|||
Tal e como xa fomos adiantando, este ano debido á situación Covid, as nosas Xornadas de Portas Abertas terá un carácter virtual. Na seguinte presentación poderedes botar unha ollada a todo o que ofrece o noso centro: liña metodolóxica dos últimos anos, instalacións, servizos... Benvid@s á nosa escola. Agardámosvos!
Pinchade na imaxe. |
|||
Debido a situación COVID, non se realizarán as xornadas de portas abertas. De todas formas, invitámosvos a que esteades pendentes da nosa web, onde poremos toda a información sobre o proceso de solicitude de matrícula. Actualmente estamos a preparar unha presentación web onde abriremos o noso centro para que o poidades visitar e coñecer de xeito virtual. LEXISLACIÓN REFERENTE AO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO:
|
|||
Estimadas familias. Debido ao estado excepcional que estamos a vivir, o proceso de entrega de boletíns deste segundo trimestre verase modificado.
Para poder consultar o boletín de notas deste segundo trimestre será necesario descargarse no teléfono móbil ou tableta a aplicación AbalarMóbil. A súa publicación será o 31 de marzo.
Debedes pinchar a foto e seredes enviados á páxina da Xunta onde vos explicará como descargar esta aplicación. Ademais no seguinte enderezo web tedes unha guía/titorial da aplicación AbalarMóbil para as familias. https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf |
|||