As nosas actividades e saídas

Merendamos leitugas

O alumando de 4º EP realizou unha merenda saudable coas leitugas que plantaron na horta. Para facer unha merenda completa, realizaron a compra do resto de ingredientes que precisábamos no Bascapi e na Panadaría San Amaro. Fixeron encargo, entregaron os cartos, solicitaron factura, calcularon a volta...

Ademais achegaron produtos artesanos e das súas hortas para complementar os bocadillos vexetais, as ensaladas e tostas, como marmelada de amorodo, de framboesas, cebolas...

Non deixaron nin as migas!!!!

Camiño de Santiago

O alumnado de 4º EP tivo a sorte de poder coñecer un pouco máis do Camiño de Santiago que lles pasa pola parroquia grazas aos mestres Luís e Javier e grazas ás familias que colaboraron enormemente na achega de información, traducións... Tamén queremos agradecer ao Colegio Hogar por participar na impresión das placas cos códigos QR que achegan moita información en varias linguas sobre os monumentos máis importantes de Matamá polos que pasa o camiño (Muíño da Regueira, Capela de San Amaro, Igrexa de San Pedro). As nosas investigacións foron traducidas a galego, portugués, alemán, italiano, inglés e francés. Agardamos que os peregrinos desta vez teñan a información suficiente sobre o lugar polo que están a pasar na parroquia de Matamá. 

Tamén queremos agradecer a Quini pola axuda na colocación das placas da Igrexa e da capela e a Marcos e Ventura polas facilidades que nos puxeron para a colocación da placa no Muíño da Regueira e a morea de valiosa información sobre o mesmo.

Tamén ao Peregrino Abelino por amosarnos todas as cousas que entraña facer o Camiño, mochila, hospedaxe, rutas, amizades, xenerosidade...

Foi unha experiencia moi enriquecedora que queremos compartir con toda a comunidade educativa e parroquia de Matamá e animámosvos a que escaneedes os códigos QR e leades a información traballada.

 

Suculentas

Plantamos suculentas!!! Menudas plantas tan extraordinarias!!! Non sabemos si se reproducirán ou non pero aprendimos unha nova técnica para conseguir máis suculentas. Agora toca agardar!!! Grazas profe Pedro!!

Día internacional contra el acoso escolar

O día 2 de maio celebramo o Día mundial contra o acoso escolar. Fixemos uns lentes nos que puidemos ver como se sinten os demais. Enviamos mensaxes positivas ao protagonista da curta que reproducimos na aula e concienciámonos da importancia do respecto aos demais. 

Plantación

Grazas á familia de Marc, puidemos enriquecer a nos horta con máis plantiñas. Xa temos cenorias, leitugas, amorodos, pementos, chícharos...

 

X FESTA DA SEMENTEIRA

Achégase a festa da Sementeira!!! Será o domingo 30 de abril. Non dubidedes en ir a gozar desta festa e das actividades programadas!!!

Día do autismo

O alumnado de 4º EP investigou moito sobre o TEA e queren compartir con vós todo o que aprenderon. Agora empatizarán mellor cos nenos e nenas con TEA. 

 

AMFIV

O alumnado de 4º e 5º EP, tivo a sorte de visitar ao Equipo de baloncesto en cadeira de rodas Amfiv. Foi unha lección de superación, forza, diversidade, respecto... que nunca van a esquecer. Quedaron moi orgullosos e orgullosas do equipazo que temos na nosa cidade.

 

RECEITAS DE 4º EP

O alumnado de 4º EP realizou unhas receitas riquísimas para aprender a facer críticas constructivas na área de Aprender a aprender. Agardamos que vos den moita fame e ganas de cociñar!!!!

 

Mesturas

O alumnado de 4º EP realizou en Contexto de ciencias, unhas mesturas e separacións de substancias. Aprenderon o que son as mesturas homoxéneas e as mesturas heteroxéneas; tamén como separar algunhas desas mesturas. Experimentando cos utensilios que tiñas ao seu alcance conseguiron separar case todas as mesturas. Foi unha actividade moi divertida e que vos animamos a poñer en práctica nas vosas casas.

Unha das mesturas estaba formada por agua e café; outra de auga e aceite, outra de arroz e sal, unha cuarta de arroz, auga e clips. Cuns coladores, filtros de café, papel de cociña e imáns conseguiron separar esas mesturas.

Distribuir contido