INSTRUCCIÓNS BOLSAS ALUMNADO NEAE (NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO) 2024-2025

Normativa de referencia: Resolución de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2024-2025.

prazo de presentación é dende o 30 de abril de 2024 ao 13 setembro de 2025.

Atendendo á publicación no BOE poderán solicitar as axudas "o alumnado que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais". Así mesmo, poderán solicitar ditas axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

"Esta convocatoria inclúe un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo, que terá un importe de 400 euros, que se sumará ás cuantías que xa figuraban en convocatorias anteriores, resultando un incremento adicional das axudas".

Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía Internet na seguinte ligazón:

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html

 

Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están na seguinte ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-yayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Despois de cubrir e pechar a solicitude online teñen que imprimila en papel e asinala. Así mesmo, no gabinete psicopedagóxico ao que acode o seu fillo/a terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado dos documentos impresos da solicitude.

Posteriormente deberán entregar no Departamento de Orientación do seu centro os impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete externo xunto coa documentación requerida: certificado do número da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do Sergas, certificado de discapacidade e/ ou título de familia numerosa.

Poden comprobar a documentación requerida na seguinte ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html

ADMISIÓN ALUMNADO 2024/2025

Segundo o disposto no calendario de admisión de novo alumnado para o curso 2024/2025, xa está á vosa disposición a listaxe definitiva do novo alumnado admitido no taboleiro interior do centro, cumprindo a normativa de protección de datos.

Todo o alumnado que presentou solicitude adxudicóuselle praza na listaxe definitiva.

As persoas que fixeran a solicitude vía electrónica, poden ver a resolución a través da mesma.

O período establecido por normativa para a formalización da matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

23 de abril Día do Libro

No Ceip Josefa Alonso, celebramos o 23 de abril, Día o Libro, cun apadriñamento lector ao aire libre. Compartimos lecturas moi interesantes cos nenos e nenas doutras clases. Foi moi divertido coñecer outros contos e contacontos!!!!

 

Hello spring

Trasniños 1 e Trasniños 2 gravaron unha poesía en inglés para os seus amigos e amigas de Bremen en Alemaña. Agardamos que lles faga tanta ilusión como a nós.

Thank you teacher pola colaboración co club de lectura!!!

Hello spring!!!!

 

 

Nata y chocolate invencibles

Os trasnos de 5º e 6º leron no club de lectura "Nata y chocolate" y "Nata y chocolate invencibles". Forons dúas historias incribles que recomendan ler.

 

O óboe

O alumnado de 2º EP, contou cunha concertista moi especial, IRIA!!! Tróuxonos o seu óboe e contounos as partes que ten, o material do que está feito... Tamén deleitounos cunha peza musical de Beethoven. 

GRAZAS, IRIA!!!

Contacontos en árabe

Grazas á EOI de A Coruña, tivemos un contacontos en árabe!!! Aladino. Foi unha experiencia moi interesante, e ata conseguimos entender algunha palabriña!!!!

Concerto O Lecer

O alumnado de 5º EP e unha familia de 2º EP, ofreceron un concerto moi especial para os residentes de O Lecer. O alumnado de 5º representou o musical de O mago de Oz que encheu de ledicia os corazóns de residentes e acompañantes. Foi unha delicia ver as caras de emoción que amosaban!!! Ana e Daniel agasalláronnos cunha obras para piano a 4 mans que sorprendeu ao prezado público. Tamén as obras cantadas que foron do máis divertidas!!!

GRAZAS POR CONTAR CON NÓS PARA ESTAS ACTIVIDADES INTERXERACIONAIS!!!

MULLERES QUE INSPIRAN

Os nenos de 5º de educación infantil quixeron facer unha homenaxe a esas mulleres que lles inspiran no seu día a día. Adiviñades quen son?

 5º Infantil día da muller

A lectura alimenta

O alumnado de 6º EP deseñou esta actividade solidaria a favor de AFAN. O intercambio de alimentos por lecturas foi moi moi recomendable e exitoso. Repetiremos!!!!

 

Distribuir contido