Eventos

« Outubro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Matrícula

MATRÍCULA CURSO 21/22

Lembrámoslles que o periodo de formalización de matrícula remata o vindeiro día 30 de xuño. Este procedemento faise de forma presencial na secretaría do centro con cita previa.

Gracias pola vosa colaboración

PRESENTACIÓN ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN

 

Benqueridas familias:

Deixámosvos unha pesentación para o alumnado de nova incorporación ao centro  para o vindeiro curso 21/22 para que coñezades un pouco o funcionamento do noso centro. Na reunión de setembro se concretará todo máis tendo en conta o protocolo COVID axustado a circuntacias que nos indiquen. Pica AQ

Tendes tamén toda a documentación necesaria para a matrícula na sección de SECRETARÍA-MATRÍCULA.

Gracias!!

 

MATRÍCULA CURSO 21/22

Bo día familias:

Imos a colgar xa todos os documentos necesarios para a solicitude de matrícula para o alumnado admitido no noso centro para o vindeiro curso 21-22.

Non se poderá entregar ata o día 20 de xuño, pero así podedes ter todo preparado.

 

A documentación a entregar CORRECTAMENTE CUBERTA é a seguinte:

FORMULARIO DE SOLICITUDE DE MATRÍCULA

DATOS DO ALUMNO/A

DATOS ALUMNO/A VISTA RÁPIDA

AUTORIZACIÓN PARA A TOMA DE IMAXES

AUTORIZACIÓN PARA SAÍDAS DENTRO E FÓRA DO CONCELLO

AUTORIZACIÓN PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO POR OUTRAS PERSOAS

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CON DEREITO

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR SEN DEREITO

INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR A SOLICITUDE DE TRANSPORTE

Esta documentación deberá vir acompañada dos seguintes documentos en caso de non telos entregado no proceso de admisión:

  • DNI ou equivalente do pai/nai/solicitante (se o ten)
  • Libro de familia
  • Padrón
  • Certificado médico de estar correctamente vacinado. Fotocopia da tarxeta de vacinación.
  • De ter algunha alerxia ou enfermidade que se deba coñecer, para o seu correcto tratamento, é necesario que sexa con informe médico.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • 3 fotos tamaño carnet

Tamén están dispoñibles na secretaría do centro os sobres de matrícula por se preferides pasar a recollelos.

RENUNCIA Á PRAZA

Bo día familias:

Os/As alumnos/as que obtiveran praza noutro centro e que polo tanto, non vaian a continuar cos seus estudios no noso centro para o vindeiro curso, deben proceder á renuncia á praza cubrindo o formulario dispoñible na nosa páxina web e envialo ao email ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal co asunto RENUNCIA Á PRAZA. Sempre teredes un correo de contestación. De non ser así, poñédevos en contacto connosco no teléfono do colexio.

Os/as alumnos/as que continuan no centro non teñen nada que facer, xa que a plaza renóvase automáticamente.

Un saúdo

 FORMULARIO RENUNCIA Á PRAZA

Distribuir contido