Eventos

« Febreiro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829

Novas

Benvidos ao novo curso 21-22

 

Bo día familias:

O día 9 comezamos un novo curso cheo de ganas e ilusión.

Deixámosvos AQUÍ unha presentación coa información sobre o COVID para este curso.

Tamén o enlace a protocolo elaborado pola xunta. AQUÍ

En esta semana colgaremos tamén as listaxes de material e outra información de interese.

 

VALES PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Benqueridas familias:

Recordamos que mañá estarán os listados definitivos de fondo libros dispoñibles para a súa consulta na secretaría do centro. Tendo en conta a LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS, non será dada información ao respecto por teléfono.

Será a partir do luns cando estean dispoñibles os vales para libros e material escolar para os/as que resultaran beneficiarios dos mesmos.

Poderán recollerse na secretaría do centro do 12 ao 16 de xullo en horario de 09:30 a 13:00 horas.

Os que non sexan recollidos nesa semana serán xa recollidos a 1 de setembro.

Gracias pola vosa colaboración

Liáns, Santaia, 8 de xullo de 2021

MÁSCARAS

Bo día:

Dende hoxe está dispoñible na secretaría do centro o listado de admitidos e non admitidos para a distribución de máscaras.

Seguindo o Artigo 13. da Orde do 9 de novembro, en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

2. Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva.

3. Contra a exclusión na listaxe definitiva, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva (artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

O alumnado que xa ten dereito ás máscaras por ser beneficiario da axuda de material, recibirán as máscaras ao longo de esta semana.

Un saúdo

Liáns, Santaia, 30 de novembro de 2020

AXUDA MÁSCARAS ALUMNADO

Bo día familias:

O pasado vernres saiu a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Lembrade que para calquera xestión no centro é imprescindible CITA PREVIA que podedes solicitar a través do noso correo electrónico ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal ou teléfono 881.880.802

Podedes descargar a orde picando AQUÍ

Podedes descargar o formulario de solicitude AQUÍ

Recordade que:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

É moi importante que no momento de traer a solicitude ao centro estea perfectamente cuberta e se adxunten todos os documentos necesarios que reflicte a orde, para non ter que volver a dar outra cita.

Ao alumnado de infantil non está incluído como beneficiario en esta orde.

                                                                       15/11/20

 

HORTAS ESCOLARES

A actividade de HORTAS ESCOLARES ofertada polo Concello de Oleiros para o alumnado de 5º e 6º de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria, comezará previsiblemente o LUNS 16 DE NOVEMBRO. 

Podedes consultar o protocolo de dita actividade no documento adxunto.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA PLAN ARCO

O Ceip Isidro Parga Pondal foi adminitido no plan Arco da Conselleria de Educación para o curso 20-21 como se pode consultar no seguinte enlace.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PLAN ARCO

Este Plan foi solicitado polo Equipo directivo coa aprobación do Claustro e Consello Escolar celebrados a día  1 de setembro de 2020, tal e como require a orde de convocatoria.

PRESENTACIÓN CURSO 20-21

Estimadas familias:

Mañá comeza un novo curso cheo de inquedanzas e nervios que entre todos e todas conseguiremos sacar adiante o mellor posible.

Nesta presentación queremos facervos un resumo de todas as novas normas para que este primeiro día sexa máis sinxelo.

PRESENTACIÓN CEIP PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

Gracias pola vosa colaboración

Santa Cruz, 9 de setembro de 2020

Distribuir contido