Eventos

« Outubro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Proxecto Patios Dinámicos

PROXECTO TRANSFORMANDO PATIOS CURSO 2019-2020

Prezada comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal. 

Esta nota ten como obxectivo convidar tanto a familias como profesorado a unha reunión para continuar o PROXECTO TRANSFORMANDO PATIOS!

Dende o curso 2017-2018, vimos traballando conxuntamente, dende o cole (nen@s, familias, persoal do cole) e a Universidade da Coruña (Facultade de Ciencias da Saúde, Terapia Ocupacional), nun proxecto de transformación colaborativo dos patios, co obxectivo de fomentar a participación e a inclusión nos mesmos.

Durante o curso 2018-2019, o alumnado do cole (todo!), o profesorado e as familias, participaron sacando fotografías e debatendo sobre os elementos que “gustan” e os que “non gustan” dos patios e propoñendo alternativas de cambio.  Ao final do curso, con toda esta información analizada de forma participativa, fixemos varias reunións nas que estaban convidadas familias e profesorado, para poder artellar fórmulas para facer realidade as prioridades identificadas pol@s nen@s. Consensuadamente, se decidiu que era relevante comezar pintando os patios entre tod@s!

Pensando na primavera, convocamos a toda persoa interesada a participar a unha reunión que terá lugar o vindeiro 9 de Marzo do 2020, ás 17:00 no cole. Faremos unha recapitulación do que levamos feito ata o momento e organizaremos conxuntamente os seguintes pasos.

Asemade, recordade que temos web na que está toda a info do proxecto: https://www.transformandopatios.org/

Agardámosvos con moita ilusión!!

O equipo da universidade e o equipo directivo do CEIP Parga Pondal

Transformando os patios

Toda a comunidade educativa queremos mellorar os patios, para que sexan máis inclusivos, para que fomenten o xogo e disfrute de todo o alumnado e para que potencien movemento, creatividade, colaboración...

O proxecto Patios Dinámicos é un proxecto participativo no que toda a comunidade educativa (nenas e nenos, familias, profesorado e profesional de administración e servizos) pode re-pensar os patios do noso colexio. Este Proxecto é froito da colaboración co profesorado de Terapia Ocupacional da Facultade de Ciencias da Saúde. Dende dita facultade, profesorado e alumnado colaboran coa planificación e execución de cada parte do proxecto.

A 1º parte do proxecto consistíu na planificación e invitación para a participación, e tivo lugar durante o curso 2017-18.

A 2ª parte do proxecto tivo lugar no 1º trimestre deste curso 2018-19. A través do Fotovoz, empregando a fotografía, alumnado, profesorado, persoal non docente e familias, reflexionamos sobre o que gusta e o que non gusta do patios, e sobre como melloralos.  

 

Exemplo da proposta realizada polo alumnado de 5º A de E.P

 

Na 3º parte, na que nos atopamos actualmente, estamos reunindo todos os datos para poder presentalos á Comunidade educativa e tomar decisións entre todas/os con respecto ás prioridades de actuación.

Os cambios se producirán nunha 4º etapa, e serán froito non so de cartos que se poidan conseguir para tal fin, senon sobre todo deman de obra” que desde toda a Comunidade Educativa poidamos aportar.

Se queres saber un poco máis sobre esta iniciativa, consulta a páxina web de este proxecto. Preme aquí.

 

Distribuir contido