Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

Dende o equipo directivo queremos informarlles de que estase a facer o Plan de Continxencia así coma o protocolo de adaptación ao contexto do covid-19 elaborado pola Xunta de Galicia o 22/7/2020.

Igualmente, a ANPA  Bidueiro e esta dirección están a traballar do mesmo xeito o relativo a madrugadores, comedor e actividades extraescolares. A Anpa está a realizar o seu propio protocolo para adxuntar ao protocolo do centro educativo coordinado por unha empresa de prevención de riscos laborais.

O Protocolo será presentado ao claustro de Mestres o día 1 de setembro para dar traslado do mesmo a Inspección educativa para a súa aprobación e posta en funcionamento.

Nese intre, será dado a coñecer a toda a comunidade educativa por medio da páxina web do centro educativo.

Ademais serán dadas a coñecer todas as medidas no que fai referencia as entradas e saídas, recreos ou outras medidas que se tomen e afecten a vida escolar dos nosos alumnos/as. Pregamos a súa colaboración para facer estas medidas o máis operativas e efectivas posible.

Por suposto que este centro está a tomar todas as medidas en materia de prevención, seguridade e hixiene sanitaria para transformalo nun espazo o máis protexido posible dentro das nosas competencias, posibilidades e características.

Estamos planificando a organización do centro con Grupos de Convivencia estable con medidas particulares en cada aula e na utilización dos espazos destinados a recreos, de xeito que non teñan contacto con outras aulas.

Evitaremos os desprazamentos polo centro educativo do alumnado e tomaremos as medidas hixiénico-sanitarias adaptadas ao protocolo proporcionado pola Consellería así como a adaptación a todas as actualizacións ou novas instrucións e medidas que se poidan producir.

Do mesmo xeito, aquelas medidas que poidan xurdir da reunión sectorial de Educación por parte do Estado e de todas as Comunidades Autónomas, serán incluídas no protocolo tan pronto se produzan.

Agradecemos de antemán a súa colaboración e desculpen as molestias que  poidan ocasionar na normalidade das nosas vidas. Estamos seguros de que seremos capaces de saír reforzados de toda esta situación.

A espera de poder facilitar unha información máis detallada, reciban un  cordial e afectuoso saúdo

    A dirección.