Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Recordando o entroido

O pasado entroido, tivemos no noso centro educativo un día moi divertido e diferente. Ademais de disfrazarnos e desfilar, aprendemos que o entroido non está rifado co medioambiente e respecto pola nosa contorna. Os disfraces de todo o alumnado foron feitos con material reciclado e con temática ecolóxica. Aquí unha pequena mostra!

 

Mergulladores recolle lixo

 

O alumnado de E. Infantil disfrazáronse de mergulladores para concienciar sobre a contaminación de plásticos nos nosos océanos e mares

 

Lavadoras cheas. Disfraces do alumnado de 5º de Educación Primaria

 

Alumnos e alumnas de 6º disfrazados de gardas forestais

 
 

Pececiños. Alumnado de 2º de E.P.

 
                                  As abelliñas de 4º de Educación Primaria
Moitas grazas pola colaboración das familias!