Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
LETRAS GALEGAS 2023: COÑECEMOS A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Estimadas familias,
Aquí estamos celebrando de novo o Día das Letras Galegas como cada ano.
Este 2023, o autor conmemorado é Francisco Fernández del Riego, e os alumnos e alumnas do Isidro Parga quixeron dar a coñecer a súa biografía a través dun vídeo.
Queredes velo? Facede clic na seguinte ligazón!
VÍDEO LETRAS GALEGAS 2023
INSTRUCIÓN SOBRE RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS
Para ver a instrución pica aquí
CONVOCATORIA DE AXUDAS ALUMNADO NEAE
Informamos ás familias da recente publicación no BOE da convocatoria de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24.
O prazo de presentación de solicitudes será do 8 de maio ao 20 de setembro, ambos inclusive.
Para máis información, pódese consultar o BOE do 26 de abril de 2023 e a web do Ministerio de Educación.
PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN 2023-2024
Dende hoxe xa están publicadas as listaxes provisionais de admisión para o curso 2023/24.
Seguindo a orde correspondente, só poderán ser revisadas a través da aplicación de admisión alumnado para aquelas familias que fixeron o trámite vía online, ou ben de forma presencial na secretaría do centro.
Non se dirá ningunha información por vía telefónica para non incumprir a norma.
Poderase formular reclamacións a estas listaxes no prazo de 5 días hábiles contados a partir de mañá ante o consello escolar.
25/4/23
ACHEGA DOCUMENTACIÓN BAREMO ADMISIÓN
Todas as persoas que solicitaron praza para o vindeiro curso para 1ºe 2º de educación primaria deberán achegar a documentación xustificativa para que a puntuación solicitada do baremo sexa valorada en base a eles.( no caso de non tela presentado con anterioridade).
Prazo de presentación: Do 21 de marzo de 2023 ao 3 de abril de 2023. (Non se recollerán documentos por e mail).
CHARLA INFORMATIVA
PROGRAMA ESPAZO EDUCA- CREANDO PONTES
https://drive.google.com/file/d/1lzyJzYSvIm0oPv6oZubXYf5ii0s3fV-K/view?u...
ADMISIÓN CURSO 23/24
O prazo para o proceso de admisión para o vindeiro curso 2023/24:
Do 1 ao 20 de Marzo.
Para maior información ver o apartado de Secretaría> Admisión
ADMISIÓN 2023-2024
O vindeiro 1 de marzo comeza o periodo de admisión para o alumnado que comeza o 2º ciclo de infantil ou para aqueles que desexan cambiar de centro.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).
Na web iremos colgando todas as novidades ao respecto deste proceso.
As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O formulario poderán atopalo na aplicación admisionalumnado, na páxina web ou pasar a recollelo no propio centro. Recordamos que a presentación de solicitudes de admisión, de facelo de forma presencial, debe ser entregada na secretaría do centro xa que é imprescindible darlle rexistro de entrada para posibles futuras reclamacións
O alumnado que xa está matriculado no centro e que vaia a continuar nel para o vindeiro curso, non teñen que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro.
A solicitude deberá vir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade: Libro de familia ou DNI.
A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o seu proxecto educativo.
LEXISLACIÓN ADMISIÓN
DOCUMENTOS ADMISIÓN
- RESOLUCIÓN SORTEO DESEMPATE
- CALENDARIO ADMISIÓN E INFORMACIÓN IMPORTANTE
- MAPA ESCOLAR OLEIROS
- CRITERIO COMPLEMENTARIO
- NOTA INFORMATIVA
- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO
- PRAZAS VACANTES ESTIMADAS 23/24
- DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR COA SOLICITUDE DE ADMISIÓN
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »